Nintendo Switch
A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil. Tamén se poden conectar a un accesorio de agarre para desfrutar unha forma de consola doméstica tradicional gamepad, ou poden usar individualmente na man como o Wii Remote e Nunchuk, permitindo modos multixogador.
Nintendo Switch | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | modelo de produto ![]() |
Subclase de | videoconsola híbrida ![]() |
Parte de | familia Nintendo Switch ![]() |
Marca | Nintendo ![]() |
Produción | |
Fabricante | Nintendo Platform Technology Development e Nintendo ![]() |
Unidades vendidas
| |
Prezos
| |
Características | |
Sistema operativo | sistema operativo de Nintendo Switch e FreeBSD ![]() |
Procesador | Tegra X1 ![]() |
Memoria | 4 GB ![]() |
Dispositivo de entrada | Joy-Con, Nintendo Switch Pro Controller, pantalla táctil e controlador da GameCube ![]() |
Fonte de enerxía | batería de ión de litio, adaptador de corrente alterna e USB power adapter ![]() |
Tecnoloxía de pantalla | Pantalla de cristal líquido ![]() |
Conector | USB-C receptacle, USB 3.0, Bluetooth LE e USB 3.0 ![]() |
Dispositivo de almacenamento | eMMC e MicroSD ![]() |
Servizo en liña | Nintendo Switch Online e Nintendo eShop ![]() |
Datas e localizacións | |
Publicación | 3 de marzo de 2017 ![]() |
Dimensións | |
Masa | 300 g ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Nintendo ![]() |
Cronoloxía | |
Composto por | |
Contacto | |
Páxina WEB | nintendo.com… ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

Como consola de oitaba xeración, Nintendo Switch compite no mercado coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. Case tres millóns de consolas foron vendidas durante o primeiro mes após o lanzamento, superando a proxección inicial de Nintendo de dous millóns de unidades, e superando no primeiro ano máis de 14 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, superando tamén as vendas totais de Wii U. A comezos de 2018, a Switch converteuse na consola caseira que máis rapidamente se vendeu no Xapón e nos Estados Unidos. Ata o mes de decembro de 2020, a Nintendo Switch e Nintendo Switch Lite vendeu máis de 79 millóns de unidades en todo o mundo. As vendas de Switch estiveron fortemente vinculadas ás vendas de seis títulos de Nintendo, The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Mario Kart 8 Deluxe, Super Mario Odyssey, Super Smash Bros. Ultimate, Pokémon Sword e Shield e Animal Crossing: New Horizons, cada un deles vendendo máis de vinte millóns de unidades.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nintendo Switch |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)