Pokémon Emerald
Pokémon Emerald Version (en xaponés: ポケットモンスター エメラルド; Poketto Monsutā Emerarudo) é un videoxogo de rol de 2004 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Game Boy Advance. Lanzouse orixinalmente no Xapón en 2004, e posteriormente distribuíuse internacionalmente no ano 2005. É unha versión mellorada de Pokémon Ruby e Sapphire e é o derradeiro xogo da terceira xeración da serie de videoxogos de Pokémon.
Pokémon Emerald | |
---|---|
![]() | |
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de rol ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador e videoxogo multixogador ![]() |
Autoría | |
Desenvolvedor | Game Freak ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Hoenn ![]() |
Baseado en | Pokémon Ruby e Sapphire ![]() |
Obra derivada
| |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Xapón ![]() |
Editorial | Nintendo ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo ![]() |
Formato de distribución | cartucho ![]() |
Plataforma | Game Boy Advance ![]() |
Parte da serie | Pokémon e Xogos principais de Pokémon Xeración III ![]() |
Clasificación | |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | pokemon.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O modo de xogo e controis permaneceron sen cambios en relación cos xogos anteriores da serie; o xogador controla un adestrador Pokémon dende unha perspectiva aérea. Ó igual que en Ruby e Sapphire, o obxectivo principal do xogador é explorar a rexión de Hoenn e derrotar os oito líderes dos ximnasios Pokémon para poder retar os Elite Four e o seu campión. A subtrama principal é derrotar dúas organizacións criminais que intentan aproveitar o poder dun Pokémon lendario para os seus propios obxectivos. Ademais dos Pokémon que debutaron en Ruby e Sapphire, o xogo incorpora Pokémon de Pokémon Gold e Silver que non aparecían en Ruby e Sapphire.
A acollida de Emerald foi polo xeral positiva por parte da crítica.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (USA)
- Páxina oficial (en xaponés)