Pokémon Gold e Silver

videoxogo de 1999

Pokémon Gold Version e Silver Version (ポケットモンスター 金・銀 Poketto Monsutā Kin Gin?, "Pocket Monsters: Gold & Silver") son a segunda entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. Os xogos posúen unha capacidade dual de conexión, posto que se pode xogar a eles tanto na Game Boy Color como na consola monocromática Game Boy. A diferenza da versión Pokémon Crystal, que non posúe esa dualidade.

Pokémon Gold e Pokémon Silver
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)Nintendo, The Pokémon Company
Director(es)Satoshi Tajiri, Junichi Masuda
Produtor(es)The Pokémon Company
Artista(s)Ken Sugimori
Compositor(es)Junichi Masuda, Go Ichinose
Lanzamento21 de novembro de 1999
XéneroAventura, RPG
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Game Boy Color
SeriePokémon
Na rede
http://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-gold-version-and-pokemon-silver-version/
editar datos en Wikidata ]

Os títulos foron lanzados primeiramente no Xapón durante 1999, en Australia e Estados Unidos en 2000, e en Europa no 2001. Crystal, unha edición especial dos dous xogos anteriores, foi lanzada á venda aproximadamente un ano despois en cada unha das mencionadas rexións. No 2009 fíxoselles un remake aos xogos para a consola Nintendo DS, chamado Pokémon HeartGold e SoulSilver.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar