Pokémon HeartGold e SoulSilver
Pokémon HeartGold Version (en xaponés: ポケットモンスターハートゴールド, Poketto Monsutā Hātogōrudo) e Pokémon SoulSilver Version (en xaponés: ポケットモンスターソウルシルバー Poketto Monsutā Sōrushirubā) son dous videoxogos de rol de 2009 para a consola Nintendo DS, senllos remakes dos videoxogos de 1999 Pokémon Gold e Silver, que tamén inclúe características de Pokémon Crystal. Os xogos forman parte da cuarta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Co gallo do décimo aniversario do lanzamento de Gold e Silver, os xogos foron lanzados no Xapón o 12 de setembro de 2009, mentres que noutras rexións do mundo foron lanzados en diferentes días do mes de marzo de 2010.
Pokémon HeartGold e SoulSilver | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Game Freak |
Distribuidora(s) | Nintendo, The Pokémon Company |
Director(es) | Shigeki Morimoto |
Produtor(es) | Junichi Masuda Shusaku Egami Hitoshi Yamagami Hiroaki Tsuru |
Artista(s) | Takao Unno |
Compositor(es) | Go Ichinose Shota Kageyama Hitomi Sato Junichi Masuda Takuto Kitsuta |
Lanzamento | ![]() América do Norte: 14 de marzo de 2010 ![]() ![]() |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Nintendo DS |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-heartgold-and-soulsilver-versions/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HeartGold e SoulSilver está ambientado nas rexións ficticias de Johto e Kanto, as cales teñen diferentes tipos de criaturas chamadas Pokémon. O obxectivo principal dos xogos é converterse no mellor adestrador Pokémon en ámbalas dúas rexións mentres captura e derrota outros Pokémon e adestradores.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficial (USA)
- Páxina oficial (en xaponés)