Pokémon Crystal Version (ポ ケ ッ ト モ ン ス タ ー ク リ ス タ ル バ ー ジ ョ ン Poketto Monsutā Kurisutaru Bajon?, "Pocket Monsters: Versión Cristal") é a terceira entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. O xogo é unha versión actualizada das dúas versións anteriores, Pokémon Gold e Silver, e foi lanzado no Xapón o 14 de decembro de 2000. Foi lanzado nos Estados Unidos o 29 de xullo de 2001 e en Europa o 2 de novembro dese mesmo ano.[1][2] A diferenza dos seus predecesores, foi desenvolvido especialmente para a Game Boy Color e, polo tanto, non é compatible coa Game Boy orixinal, as súas variantes, e Super Game Boy.

Pokémon Crystal
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)Nintendo, The Pokémon Company
Director(es)Satoshi Tajiri, Junichi Masuda
Produtor(es)The Pokémon Company
Artista(s)Ken Sugimori
Compositor(es)Junichi Masuda, Morikazu Aoki
Lanzamento14 de decembro de 2000
XéneroAventura, RPG
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)Game Boy Color
SeriePokémon
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-crystal-version/
editar datos en Wikidata ]

A trama e xogabilidade de Pokémon Crystal é en gran parte a mesma que en Gold e Silver, aínda que ten novas características. É o primeiro xogo no que se pode escoller o sexo do seu personaxe, mentres que anteriormente o personaxe era sempre do sexo masculino. Os sprites dos Pokémon foron animados; por exemplo, cando un Cyndaquil entra na batalla, o lume e o seu escintileo móvense. Este recurso estaba ausente en Pokémon Ruby e Sapphire e Pokémon FireRed e LeafGreen, pero apareceu en todos os xogos seguintes. Ademais, un par de subtramas foron engadidas, unha envolvendo o Pokémon lendario Suicune, destacado na portada do xogo,[3] e a outra que inclúen a Unown. A maior adición do xogo foi a Battle Tower, un edificio novo que permite aos xogadores participar en Pokémon Stadium. A edición xaponesa do xogo foi lanzada exclusivamente xunto co Adaptador móbil GB (モ バ イ ル ア ダ プ タ GB Mobairu Adaputa Ji Bi?), un dispositivo que permite conectarse con outros xogadores a través do teléfono móbil.[4]

Notas editar

  1. "Pokemon Crystal Info". GameFAQs. Consultado o 2008-07-05. 
  2. Harris, Craig (2001-07-30). "Pokemon Crystal Version Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05. 
  3. Povo, Frank (2001-07-30). "Pokemon Crystal for Game Boy Color Review". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05. 
  4. Nix, Marc (2000-12-11). "Pokemon Crystal Version Preview". IGN. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2008-07-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar