Nintendo 3DS
Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil producida pola multinacional Nintendo. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia


A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo Nintendo DSi software. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento. A Nintendo 3DS é a sucesora da serie portátil Nintendo DS e as súas principais competidoras son a PlayStation Portable e a recentemente lanzada PlayStation Vita, ambas de Sony.
A Nintendo 3DS foi lanzada no Xapón o 26 de febreiro de 2011; en Europa o 25 de marzo; en América do Norte o 27 de marzo; en Australia o 31 de marzo e en Corea do Sur o 28 de abril. O 28 de xullo dese mesmo ano Nintendo anunciou unha caída importante dos prezos a partir 12 de agosto. Ademais, os consumidores que mecaran o sistema polo seu prezo de saída tiveron acceso a dez xogos do Nintendo Entertainment System desde 1 de setembro de 2011 e dez xogos da Game Boy Advance desde 16 de decembro de 2011, na Nintendo eShop.
O versión Nintendo 3DS XL é "gran formato" do Nintendo 3DS. O seu lanzamento foi anunciado na Nintendo Directo de 22 de xuño de 2012.
Este modelo foi lanzado en 28 de xullo de 2012 no Xapón e Europa, e 19 de agosto de 2012 ao Estados Unidos.
Software editar
- Activity Log
- AR Games
- Download Play
- Face Raiders
- Internet Browser
- Mii Maker
- Nintendo 3DS Camera
- Nintendo 3DS Sound
- Nintendo eShop
- Streetpass Mii Plaza
Xogos editar
- Asphalt 3D
- LEGO Star Wars III: The Clone Wars
- Mario Kart 7
- Nintendogs + Cats: French Bulldog
- Nintendogs + Cats: Golden Retriever
- Nintendogs + Cats: Toy Poodle
- PES 2011 3D
- Pilotwings Resort
- Pokémon Rumble Blast
- Rayman 3D
- Ridge Racer 3D
- Samurai Warriors: Chronicles
- Super Mario 3D Land
- Super Monkey Ball 3D
- Super Street Fighter IV: 3D Edition
- The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D
- The Sims 3
- Tom Clancy's Ghost Recon: Shadow Wars
- Tom Clancy's Splinter Cell 3D