Froita silvestre

(Redirección desde «Froitos do bosque»)

Froita silvestre[1] é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas. Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.

Froita silvestre: amoras, amorodos e arandos.

A comercialización en Galiza aínda non está xeneralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.

A froita silvestre é de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuma ser a máis atractiva polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas é froita silvestre comestíbel, mais cómpre ter en conta que algunha é velenosos.

As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas[2] descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pel e nas sementes. Por iso, moitas froitas silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno ("ORAC") entre alimentos vexetais. Son consideradas alimentos moi saudábeis.

A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas).

Exemplos

editar

Adoitan considerarse a nivel gastronómico como tales as froitas a seguir:

Galiza

editar

Outras

editar

Outros

editar

Nos montes galegos tamén medran froitos bravos comestíbeis que poderían considerarse froita silvestre, mais que gastronomicamente non se consideran así; é o caso dos froitos secos:

  • Noz - Juglans regia (nogueira)
  • Castaña - Castanea sativa (castiñeiro)
  • Abelá - Corylus avellana (abeleira)
  1. González González, M. (coord.) (2012): Dicionario de alimentación e restauración (galego-castelán-inglés). Santiago de Compostela : Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Gross PM (2007-07-09). "Scientists zero in on health benefits of berry pigments". Natural Products Information Center. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010. Consultado o 2007-07-31.