Pereira brava
Pereira brava | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Pyrus cordata Desv. |
A pereira brava[1] (Pyrus cordata, Desv.) é unha árboriña espiñenta do xénero Pyrus, da familia das rosáceas. O seu froito é coñecido vulgarmente como pero ou periño. Común en Galiza.
Morfoloxía
editarA pereira brava pode ter porte de arbusto ou de árbore pequena de até 8 metros. O tronco é xeralmente delgado e máis ben curto, e a copa desta árbore é redondeada. As pólas son espiñentas.
- Follas: as follas son de cor verde escura, aínda que algo máis claras no envés. Son simples (non están divididas) e alternas, e rematan en ángulo agudo no ápice, sendo máis amplas na base o que lles da unha forma ovoide. Ás veces están aserradas, e acadan un tamaño de entre 3 a 5 centímetros.
- Flor: florece na primavera (entre abril e maio). A flor da pereira brava ten un cáliz con cinco sépalos, os cales se manteñen cando o froito xa está formado. A corola é branca, con 5 pétalos. Tamén dispón de moitos estames e un ovario con 5 estilos. As flores son hermafroditas de polinización entógama.
Distribución e hábitat
editarGusta de lugares húmidos, como as beiras de ríos e regatos. Xeralmente na Galiza pódese atopar en fragas caducifolias húmidas xunto a ameneirais. É propia do centro e suroeste de Europa,[3] e en xeral na vertente atlántica, e común en toda Galiza.
Outros usos da planta
editarÉ comunmente empregada como patrón para cultivar outras especies do xénero Pyrus, xeralmente especies comerciais debido ao aforro de tempo no crecemento da nova árbore que se acada deste xeito. A leña é moi apreciada, especialmente como combustible e polo carbón que produce.
Taxonomía
editarPyrus cordata foidescrita por Nicaise Augustin Desvaux e publicado en Observations sur les Plantes des Environs d'Angers 152–153, no ano 1818.[4][5]
Sinonimia
editar- Artigo principal: Pereira brava (homónimos).
Pyrus cordata non é a única especie de pereira que recibe o nome de Pereira brava. Tamén se coñece como pereira brava á emparentada Pyrus piraster [6][7]. No sur de Portugal Pyrus bourgaeana tamén recibe este nome común.[8]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "pereira brava". TERGAL. Consultado o 23/10/2019.
- ↑ Ficha en RíosGalegos.com
- ↑ "Variedades de peras". Botanical-online (en castelán). 2019-01-19. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Pereira brava en Trópicos
- ↑ Pereira brava en PlantList/
- ↑ Diversos autores ligan o nome común de pereira brava como Pyrus cordata e outros Pyrus piraster, ámbalas dúas especies pódense atopar en Galicia.[Ligazón morta]
- ↑ Listado de variedades de pereiras cos seus nomes científicos (en castelán)
- ↑ "Herbario en aguiar.hvr.utad.pt" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 05 de outubro de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pereira brava |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pereira brava |
Outros artigos
editar- Pyrus, o xénero que acolle todas as especies de pereiras.
- A pereira común, especie cultivada.
- A pera, froito das pereiras.