Arandeira negra
Arandeira negra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Vaccinium uliginosum L. |
A arandeira negra[1] Vaccinium uliginosum é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia das ericáceas.
En Galiza aparece (Vaccinium uliginosum subsp microphyllum), ás veces difícil de diferenciar da arandeira brava (Vaccinium myrtillus).
En inglés recibe o nome de black billberry.
Hábitat
editarÉ nativo das rexións temperadas do hemisferio norte, a baixa altura no Ártico, e en grandes altitudes ao sur dos Pireneos, os Alpes e o Cáucaso en Europa, as montañas de Mongolia, no norte da China central e o Xapón en Asia, e a Sierra Nevada en California e as Montañas Rochosas en Utah en América do Norte.
Medra sobre solos acedos en uceiras húmidos, páramos, tundra, e no sotobosque dos bosques de coníferas, desde o nivel do mar no Ártico, até 3400 msnm de altitude no sur da gama. En Galiza atopámola nas montañas orientais.
Descrición
editarÉ un gamallo caducifolio que medra decia os 10–75 cm de altura, rara vez 1 m de altura, cos talos de cor marrón (a diferenza dos talos verdes da estreitamente relacionada arandeira brava (Vaccinium myrtillus). As follas son ovaladas de 4–30 mm de longo e 2–15 mm de largo, de cor azul-verde pálido, cunha boa marxe e ápice arredondado. As flores son pendulares, en forma de urna, de cor rosa pálido e 4–6 mm de longo, producidas a mediados da primavera. O froito, o arando, é unha baga de cor azul escura-negra de 5–8 mm de diámetro, cunha polpa branca, doce e comestíbel cando está chegada a finais do verán.
Sinonimia
editar- Myrtillus grandis Bubani
- Vaccinium gaultherioides Bigelow
- Vaccinium uliginosum subsp. microphyllum (Lange) Tolm.
- Vaccinium uliginosum var. microphyllum Lange
- Vaccinium uliginosum var. nana Boiss.
- Vaccinium occidentale Gray
- Vaccinium uliginosum subsp. alpinum (Bigelow) Hultén
- Vaccinium uliginosum var. alpinum Bigelow
- Vaccinium uliginosum subsp. gaultherioides (Bigelow) S.B.Young
- Vaccinium uliginosum var. occidentale (Gray) Hara
- Vaccinium uliginosum subsp. occidentale (Gray) Hultén
- Vaccinium uliginosum subsp. pedris (Harshb.) S.B.Young
- Vaccinium uliginosum subsp. pubescens (Wormsk. ex Hornem.) S.B. Young
- Vaccinium uliginosum var. salicinum (Cham.) Hultén[2]
Notas
editar- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arandeira negra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arandeira negra |