Abruñeiro

especie de planta
(Redirección desde «Prunus spinosa»)
Abruñeiro
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Amygdaloideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: Prunus
Especie: P. spinosa
Nome binomial
Prunus spinosa
L.
Sinonimia
  • Druparia spinosa Clairv.
  • Prunus domestica var. spinosa (L.) Kuntze
  • Prunus spinosa var. typica C.K.Schneid.

O abruñeiro[1][2] ou escambrón[3][4] (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervios do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce[5].

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abruñeiro.
  2. Recibe tamén os nomes vulgares de abruñeira, abruño e ambruñeiro: Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1996
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escambrón.
  4. Cómpre ter en conta que o nome escambrón emprégase polo contrario no "Termos de Botánica" (2004) e no "Vocabulario forestal" (2012) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela como sinónimo do estripeiro
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerollo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.