Francisco Aparicio Sánchez

escultor, medallista e deseñador de moedas español


Francisco Aparicio Sánchez, nado en Yepes, Toledo, en 1936, é un escultor, medallista e deseñador de moedas español.

Infotaula de personaFrancisco Aparicio Sánchez
Biografía
Nacemento1936
Yepes, Toledo.
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Española.
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando.
Universidade Complutense de Madrid.
Actividade
OcupaciónEscultor, medallista e deseñador de moeda.
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
· 1961: Premio Nacional de Escultura.
· 1977: P. Tomás Francisco Prieto (FNMT).
· 1979: Premio de Medalla (CBAM).

BNE: XX1589048

Traxectoria

editar

Francisco Aparicio realizou os seus estudos artísticos na Escola Superior de Belas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, de 1955 a 1960, e posteriormente, en 1981, acadou a licenciatura en Belas Artes,[1] pola Universidade Complutense de Madrid.[2]

O seu estudio artístico está instalado en Madrid.[1]

Os traballos de Francisco Aparicio céntranse sinaladamente na medalla, a moeda e a escultura. As súas creacións expóñense en numerosos museos, como os de Valdepeñas, Málaga, Albacete, Toledo ou Cuenca, así como na Casa da Moeda de Estocolmo, entre outros, e forma parte de coleccións privadas tanto españolas como estranxeiras.[1]

Entre os máis de vinte recoñecementos logrados ao longo da súa traxectoria, cómpre salientar principalmente o Premio Nacional de Escultura en 1961.[1][2]

 
Estatua a Frei Juan Gil, en Arévalo, Ávila.

Escultura

editar

Aparicio cultiva a escultura tanto para espazos públicos como en pequenos formatos.[3] É un representante da escultura realista que se adscribe dentro do que se coñece como realismo máxico madrileño, xurdido a finais da década de 1970, onde o tema da figura humana resulta patente. A súa modelaxe achégao á estética dalgúns artistas da nova figuración italiana, como Marino Marini e Giacomo Manzù.[2]

 
Estatua a Isabel a Católica en Arévalo, Ávila.

Esta é unha escolma dalgunhas das súas esculturas públicas :[1]

Medalla e moeda =

editar

A maioría das medallas creadas por Aparicio son de formato menor, cun diámetro de entre 18 e 20 centímetros, e nelas engade como marca de gravador o seu apelido: APARICIO. Algunhas delas están dedicadas a figuras sobranceiras como Gerardo Diego ou María Zambrano.[4] Por este labor, mereceu varios recoñecementos, entre os que destacan o primeiro Premio Tomás Francisco Prieto, concedido pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre, en 1977, e o primeiro Premio de Medalla no I Centenario do Círculo de Belas Artes de Madrid, en 1979.[2]

No ámbito da moeda, en 1991 encargouse do deseño dunha serie numismática de curso legal para a República de San Marino, xunto coa deseñadora italiana Uliana Pernazza, composta por dez moedas, con valores faciais desde unha lira sanmarinesa ata 1.000 liras, e está cuñada polo Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, de Roma. Nos reversos destas moedas aparece, a modo de marca de gravador, a inscrición APARICIO PERNAZZA INC.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Biografía". Aparicioescultor.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Clemente López, P. (2011). "¿Sabes quién soy? Francisco Aparicio Sánchez. Un escultor del realismo español contemporáneo". En La Tribuna de Albacete. 23 de setembro de 2011. Páxina 19.
  3. "Esculturas". Aparicioescultor.com
  4. "Medallas". Aparicioescultor.com
  5. "Francisco Aparicio". Numista.com

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Leyva, A. (2018). Francisco Aparicio. La realidad creada. Pro Amici Orfila Galeriae.