Uliana Pernazza

medallista e deseñadora de moeda italiana

Uliana Pernazza, nada en Roma o 2 de xaneiro de 1959, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.

Uliana Pernazza
Nacemento2 de xaneiro de 1959
  Roma.
Italia Italia
ÁreaGravado de moedas e medallas.
EducaciónEscola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli.
NacionalidadeItalia Italiano
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Uliana Pernazza estudou medallística entre 1979 e 1983 na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, e en 1984 entrou a formar parte do cadro de gravadores da ceca pública.[1]

A súa obra componse dun un bo número de medallas e, sinaladamente, de moedas circulantes e conmemorativas emitidas tanto para Italia como para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino,[1][2][3] entre as que cabe destacar o anverso da serie de moedas en euros do Vaticano de 2002 coa efixie de Xoán Paulo II, creado xunto con Guido Veroi.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Uliana Pernazza". http://mebnet.altervista.org
  2. Catálogo de moedas deseñadas por Uliana Pernazza. Numista.com
  3. "Uliana Pernazza". Numismatica-italiana.lamoneta.it
  4. "2 Euro - Ioannes Paulus II". Numista.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar