Forza Aérea de Hungría

A Forza Aérea de Hungría (húngaro: Magyar Légierő) é a forza aéra das Forzas de Defensa de Hungría.[1] A Forza Aérea de Hungría actual fai principalmente traballos defensivos. As unidades de voo da forza aérea están organizadas baixo un único mando, o Mando Aéreo e Centro de Control.[2]

Forza Aérea de Hungría
Magyar Légierő
Activa1918
PaísHungría Hungría
Tipoforza aérea
Insignias
Escarapela

Historia editar

Período de entreguerras editar

Tras a disolución di Imperio Austrohúngaro en 1918 creouse un pequeno corpo aéreo que operaba avións supervevintes de fábricas húngaras e escolas de voo. Este corpo converteríase na Forza Aérea Vermella de Hungría durante a curta República Soviética Húngara, pero disolveuse tras a súa caída.[3]

Segunda guerra mundial editar

Baixo o Tratado de Trianon (1920) probibíuselle a Hungría posuír avións militares. Porén, estableceuse gradualmente un corpo aéreo baixo a cobertura de clubs de voo civís. Durante 1938, como resultado do Acordo de Bled, deuse a coñecer a existencia da Real Forza Aérea de Hungría (Magyar Királyi Honvéd Légierő (MKHL)). O servizo de aviación do exército reorganizouse e ampliouse.

A finais de 1938 reorganizouse novamente a aviación do exército. O almirante Miklós Horthy, o xefe do estado, ordenou que a aviación do exército se convertese nun servizo independente a partir do 9 de xaneiro de 1939. O coronel Ferenc Feketehalmi Czeydner converteuse no Xefe da Sección Aérea no Ministerio de Honvéd, o maior xeneral Waldemar Kenese converteuse en Inspector da Forza Aéra, o coronel Ferenc Szentnémedy no Xefe do Estado Maior, e o coronel László Háry foi nomeado xefe da Magyar Királyi Honvéd Légierő (MKHL).

Posteriormente participou en enfrontamentos coa nova República Eslovaca e no enfrontamento fronteirizo co Reino de Romanía. En abril de 1941 realizáronse operación spara apoiar a invasión alemá de Iogoslavia e, o 27 de xuño dese ano, Hungría declarou a guerra á Unión Soviética.

En 1940 tomouse a decisión de unificar a Forza Aérea, as forzas antiaéreas e a defensa aérea civil baixo un mando central. O coronel László Háry foi retirado o 24 de decembro dese ano, e o 1 de marzo de 1941 constituíuse a nova organización. O xeneral András Littay converteuse no Xefe do Subdepartamento do Aire, e o coronel Géza Vörös foi elixido Xefe do Estado Maior do Aire. O 1 de xuño de 1941 creáronse o Corpos de Defensa Aérea, e o tenente xeneral Béla Rákosi converteuse no Comandante da Aviación do Exército.[4] A Forza Aéra volvía novamente a formar parte do Exército.

No verán de 1942 unha brigada aérea incorporouse ao VIII. Fliegerkorps da Luftwaffe na fronte leste. En mrzo de 1944 os Aliados comezaron a bombardear Hungría e os bombardeos aumentaron a súa intensidade progresivamente. O 101º grupo de caza "Puma" era a unidade de elite do MKHL (o seu nome e insignia seguen uándose no presente). A finais de 1944 todos os esforzos redireccionáronse en van para contrarrestar o avance do Exército Vermello. A loita en Hungría rematou o 16 de abril de 1945.[3]

Posguerra e guerra fría editar

En 1947 organizouse un pequeno corpo aéreo seguindo as liñas soviéticas. Tras a toma do poder dos comunistas intensificouse a axuda militar da Unión Soviética e iniciouse un gran programa de expansión. En 1956 a Forza Aérea de Hungría estaba formada pola 25ª División de Caza (25. Vadászrepülő Hadosztály, con base en Taszár), a 66ª División de Caza (66. Vadaszrepülő Hadosztály, con base en Kecskemét), a 82ª División de Bombardeo (82. Önálló Bombázó Hadosztály, con base en Kunmadaras),[5] a 28ª División de Ataque ao Chan (28. Csatarepülő Hadosztály, con base en Székesfehérvár) e unha dicisión de adestramento.[6] Coa invasión rusa para suprimir a Revolución Húngara de 1956, seccións da Forza Aérea atacaron as forzas soviéticas e resistiron os intentos de ocupar as súas bases. A resistencia durou pouco e toda a Forza Aérea desmobilizouse pouco despois. No ano seguinte reformouse un corpo aéreo como parte do Exército Popular de Hungría, pero inicialmente só como unha forza de seguridade interna. O resto dos activos da forza aérea organizáronse no Centro de Adestramento de Aeronaves (Repülő Kiképző Központ (RKK)) o 1 de abril de 1957, cun escuadrón de distintos tipos de avións en cada unha das principais bases de caza en Pápa, Taszár e Kecskemét. A partir de 1959, á medida que o país volvía á estabilidade, a forza aérea comezou a ampliarse novamente de forma gradual, pero seguiu sendo unha parte do exército e era esencialmente unha forza defensiva.

Durante a guerra fría a Hungría comunista tivo varias baterías de mísiles antiaéreos SA-2, SA-3 e tamén SA-5 (unha unidade) e un gran número de instalacións de radar, a meirande partes delas para defender a loña do Danubio contra ataques aéreos da OTAN. A defensa aérea do Exército estaba equipada cos mísiles SA-4 e SA-6 Kub, e sistemas SA-9 e SA-13, ademais de unidades convencionais de artillaría antiaérea.

 
MiG-29 húngaro

A Forza Aérea do Exército Popular de Hungría operou os reactores de combate Il-28, MiG-15, MiG-17, MiG-19, MiG-21, MiG-23 e Su-22 durante a súa existencia. Nos anos 80 tiña tres rexementos de caza nas tsúas tres bases principais, con tres escuadróns cada un, sumando uns 100 cazas supersónicos activos. A partir de 1989 a forza reducíuse varias veces ata os inicios dos anos 200, cando había tan só un escuadrón de caza activo con 2-4 avións listos para voar en calquera momento.

A mediados de 1993 Rusia entregou tres lotes de 28 MiG-29 como pago en especie da débeda pública. Os avións estaban baseados en Kecskemét. En 1995 chegou un regalo alemán de 20 Mi-24D/V.

Para a meirande parte dos outros antigos membros do Pacto de Varsovia o adestramento de pilotos non era un gran problema. Cada nación mantivo un colexio técnico independente, unha academia para adestrar a pilotos militares e a persoal técnico. Tras a segunda guerra mundial, Hungría creou o colexio técnico de aviación György Kilián en 1949, pero nos anos 60 o adestramento doméstico de pilotos suspendeuse e os 18 adestradores Aero L-29 Delfin leváronse á Unión Soviética. O adestramento de pilotos realizouse en varias escolas e bases da USSR nos anos seguintes, e tamén en Checoslovaquia, en Košice. En Hungría só os pilotos e técnicos de pilotos eran adestrados en Szolnok.

En 1993 Hungría iniciou o seu primeiro curso de adestramento de pilotos dende 1956 na academia de aviación de Szolnok. Para o rol de adestramento primario mercáronse 12 avións Yak-52 a Romanía. O goberno alemán tamén doou 24 reactores de adestramenro Aero L-39 Albatros. O custo do adestramento de pilotos doméstico considerouse posteriormente demasiado alto tras un cambio no goberno, e detívose tras completar un só curso.

En 1997 os MIG-23 e Su-22 retiráronse do servizo, este última xusto tras unha revisión. Durante os anos 90 todos os avións de combate equipáronse con sistemas de Identificación amigo ou inimigo (IFF) para permitir as súas operacións no espazo aéreo occidental. En abril de 2002 Hungría uniuse ao programa Adestramento de Voo da OTAN no Canadá (NFTC).[3]

Presente editar

 
Dassault Falcon 7X

Pouco despois de que Hungría entrase na OTAN en 1999 fíxose un esforzo para substituír a frota de MiG-29 por un caza compatible coa OTAN. En 2001 recibíronse varias ofertas, como unha sueca por 24 JAS39C/D, unha estadounidense por 24 F-16 usados, ou outras por distintos avións de segunda man. A pesar de que os comités profesionais preferían o F-16, o 10 de setembro de 2001 gañou a oferta sueca,[7] e o 20 de decembro Hungría asinou un contrato co goberno de Suecia. O acordo incluía o arrendamento de 14 JAS 39 Gripen, dous deles bipraza, durante 12 comezando en 2006 (despois ampliado ata 2026). En decembro de 2007 os 14 avións foran entregados. Despois de 2026 Hungría quere quedar cos Gripen.

Un gran programa de modernización a grande escala lanzouse en 2016 co nome "Zrinyi 2026". O seu primeiro paso significativo foi a compra de 36 helicópteros Airbus en 2018. Pedíronse 20 H145M como utilitarios lixeiros e para roles SAR e de ataque lixeiro.[8] Posteriormente nese mesmo ano pedíronse 16 H225M para transporte pesado e operacións especiais.[9] Os 20 H145M foron entregados a finais de 2021.

En xuño de 2020 retirouse do servizo o derradeiro Antonov An-26 da frota, deixando temporalmente á Forza Aérea sen capacidade de transporte táctica. A finais dese mesmo ano pedíronse dous KC-390 para realizar ese rol. O primeiro avións será entregado en 2023 e o segundo en 2024.[10]

A defensa aérea baseada en terra tamén recibiu un grande impulso en 2020 coa compra do sistema de mísiles NASAMS[11] e 11 radares ELM-2084.[12] O sistema de defensa aérea de curto alcance Mistral tamén foi modernizado.[13]

En agosto de 2021 asinouse un contrato de actualización con SAAB para modernizar a frota de Gripen, que incluirá un radar mellorado PS-05/A Mk4 e novo armamento. Tras implementar a actualización de software MS20 Block 2 , od Gripen húngarons poderán lanzar os mísiles Meteor e IRIS-T, e as bombas GBU-49. Todas esas armas estaban sendo adquiridas no ano 2022.[14]

A Forza Aérea de Hungría planea manter os seus Gripen actualizados ata os anos 2030 e incluso mercar os cazas suficientes para equipar un segundo escuadrón. Avións de 5ª xeración como o F-35 son demasiado caros, e as súas avanzadas capacidades non son necesarias para a defensa de Hungría. A capacidade de ataque aéreo, onde o sixilo ten unha grande vantaxe, non é unha prioridade para a Forza Aérea de Hungría e ningunha potencia ten cazas furtivos na zona. O máis probable é que a Forza Aérea non se faga con avión de 5ª xeración e participe nun dos proxectos europeos que desenvolva novos cazas no futuro.[14]

Inventario editar

 
JAS39C
 
Mi-24
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Combate
JAS 39 Gripen Suecia multirrol JAS 39C 12
JAS 39 Gripen Suecia multirrol (bipraza) JAS 39D 2
Transporte
Airbus A319 Alemaña transporte 2[15]
Dassault Falcon 7X Francia transporte 2[16]
Embraer C-390 Brasil transporte/repostaxe 2 pedidos[15]
Helicópteros
Mil Mi-24 Unión Soviética/Rusia ataque Mi-24 V/P 8[15]
Mil Mi-17 Unión Soviética/Rusia transporte 5[17]
Airbus H145M Francia/Alemaña utilitario/ataque lixeiro 20[18]
Airbus H225M Francia/Alemaña transporte 16 pedidos[15]
Adestramento
Zlín Z 42 República Checa adestrador básico 242 6[15]
Zlín Z 43 República Checa adestrador básico 143 2[15]
Eurocopter AS350 Francia adestrador de helicópteros 2[15]

NOTA: tres C-17 Globemaster III están estacionados na base aérea de Pápa en Hungría para apoiar as operacións Strategic Airlift Capability da OTAN.[19]

Notas editar

  1. "The Military Balance". Taylor & Francis (en inglés). Consultado o 2022-04-05. 
  2. "Hungarian Air Force". Scramble. 2013-12-09. Archived from the original on 09 de decembro de 2013. Consultado o 2022-04-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Hungarian Air Arms". web.archive.org. 2006-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2006. Consultado o 2022-04-06. 
  4. "Biography of Lieutenant-General Béla Rákosi (1889 – 1968), Hungary". generals.dk. Consultado o 2022-04-05. 
  5. "„Majdnem-bombázók” Magyarország egén: az Il-28 hazai alkalmazása". az elfeledett légierő (en húngaro). 2018-05-27. Consultado o 2022-04-06. 
  6. "A néphadsereg visszafejlesztése (1953–1956)". vmek.niif.hu (en inglés). Consultado o 2022-04-06. 
  7. "Hungary Chooses JAS Gripen". www.defense-aerospace.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-10. 
  8. "Hungary orders 20 H145Ms". www.airbus.com (en inglés). 2021-10-28. Consultado o 2022-04-11. 
  9. "Hungary orders 16 H225M multi-role helicopters". www.airbus.com (en inglés). 2021-10-28. Consultado o 2022-04-11. 
  10. "Hungary orders pair of KC-390s". www.shephardmedia.com (en inglés). Consultado o 2022-04-11. 
  11. "National Advanced Surface to Air Missile System (NASAMS)". Airforce Technology (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. Consultado o 2022-04-11. 
  12. "Rheinmetall and IAI/ELTA to supply Hungary with advanced radar systems". www.rheinmetall.ca. Consultado o 2022-04-11. 
  13. "2025-ben várható az „őrségváltás” Győrben". honvedelem.hu (en húngaro). 2021-06-04. Consultado o 2022-04-11. 
  14. 14,0 14,1 "Új Gripeneket vásárolhat Magyarország, de még az is lehet, hogy annál valami sokkal jobb jön". Portfolio.hu (en húngaro). Consultado o 2022-04-11. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 "World Air Forces 2022". Flightglobal. 2022. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  16. "Flightdb.net | Fleet: Hungarian Air Force". 
  17. "Újratervezett helikopteres kepessegek". 2021-05-10. 
  18. "Teljes a flotta – a Magyar Honvédség átvette a huszadik új forgószárnyast". honvedelem.hu (en húngaro). 2021-12-02. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  19. NATO. "Strategic Airlift Capability (SAC)". NATO (en inglés). Consultado o 2022-04-07.