Abrir o menú principal

Saab JAS 39 Gripen

O Saab JAS 39 Gripen ("grifón") é un caza lixeiro multipropósito monomotor fabricado pola compañía sueca Saab. Foi deseñado para substituír aos Saab 35 Draken e 37 Viggen na Forza Aérea de Suecia (Flygvapnet). O Gripen ten unha á delta e configuración canard cun deseño de estabilidade relaxada e controis de voo fly-by-wire. Está impulsado por un motor Volvo RM12 e ten unha velocidade máxima de Mach 2. Os avións posteriores modificaronse para os estándares de interoperabilidade da OTAN e para poder ser reabastecidos no aire.

Saab JAS 39 Gripen
Saab JAS 39 Gripen at Kaivopuisto Air Show, June 2017 (altered) copy.jpg
Tipocaza, ataque e recoñecemento
FabricanteSaab
Primeiro voo9 de decembro de 1988
Introducido9 de xuño de 1996
Estadoen servizo
Produción1987-presente
Unidades construídasuns 270[1]

En 1979 o goberno sueco comezou a desenvolver estudos para un avión capaz de realizar misións de caza, ataque e recoñecemento para substituír aos Saab 35 Draken e 37 Viggen. Un novo deseño de Saab foi seleccionado e desenvolvido como o JAS 39, voando por vez primeira en 1988. Tras dous accidentes durante as probas e despois de modificar o software de control de voo, o Gripen entrou en servizo coa Forza Aérea de Suecia no ano 1997. Variantes melloradas con aviónica máis avanzada e adaptacións para tempos máis longos de misión comezaron a entrar en servizo en 2003.

Para comercializar o avión internacionalmente, Saab asociouse e colaborou con compañías aeroespaciais do estranxeiro. Un exemplo destes esforzos foi Gripen International, unha empresa conxunta entre Saab e BAE Systems formada en 2001. Gripen International foi a responsable de comercializar o avión, e estivo fortemente involucrada na exitosa exportación d modelo a Suráfrica; a organización disolveuse posteriormente entre acusacións de uso de subornos para asegurar vendas. No mercado internacional o Gripen tivo un éxito moderado, conseguindo venderse a Hungría, República Checa, Tailandia, Suráfrica e Brasil.[1]

Unha nova versión, designada Gripen JAS 39E/F, está sendo desenvolvida en 2018; esta versión ten sido referida como Gripen NG ou Super-JAS.[2] Entre sos cambios incorporados están a adopción dun novo motor, o General Electric F414G, un radar de escaneo electrónico activo e maior capacidade interna de combustible. Saab propuxo outros derivados, como o Gripen Maritime para operacións en portaaviións[3] ou un aparello para operacións non tripuladas.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Saab (ed.). "Gripen users". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. The Local (ed.). "‘Super-Jas’ costlier than expected: report". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  3. Saab (ed.). "Gripen Maritime". Consultado o 7 de xullo de 2018.