O Mil Mi-24 (ruso: Миль Ми-24; designación OTAN: Hind) é un gran helicóptero artillado de ataque cunha pequena capacidade de transporte de tropas con espazo para oito pasaxeiros.[1] Está producido pola Fábrica de helicópteros Mil de Moscova e vén sendo operado dende 1972 pola Forza Aérea Soviética e as súas sucesoras, xunto con outras 48 nacións.

Mil Mi-24
Tipohelicóptero de ataque
FabricanteMil
Primeiro voo19 de setembro de 1969
Introducido1972
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Rusia
Produción1969 - presente
Unidades construídas2 648

Nos círculos da OTAN, as versións de exportación Mi-25 e Mi-35 indícanse cun sufixo como "Hind D" e "Hind E". Os pilotos soviéticos chamaban ao Mi-24 o "carro de combate voante" (ruso: летающий танк, romanizado: letayushchiy tank), un termo utilizado historicamente co famoso avión blindado de ataque a terra soviético Il-2 Shturmovik. Outros alcumes non oficiais comúns foron "Galina" (ou "Galya"), "Crocodilo" (ruso: Крокодил, romanizado: Krokodil), debido ao esquema de camuflaxe do helicóptero, e "Vaso" (ruso: Стакан, romanizado: Stakan), debido ás placas de vidro chas que rodeaban a cabina nas primeiras variantes do Mi-24.[2]

Notas editar

  1. "Air-to-Air Defense for Attack Helicopters" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2011. Consultado o 13 de abril de 2022. 
  2. "Mi-24 Hind". www.centennialofflight.net. Consultado o 2022-04-12.