Eurocopter EC225 Super Puma

O Eurocopter EC225 Super Puma (no presente Airbus Helicopters H225) é un helicóptero de transporte de pasaxeiros de longo alcance desenvolvido por Eurocopter como a seguinte xeración da familia civil Super Puma. É un aparello de dous motores que pode transportar ata 19 pasaxeiros xunto con dous pilotos e un asistente de cabina, dependendo da súa configuración. O helicóptero está comercializado para servizos de asistencia en mar a fóra e tarefas de transporte de pasaxeiros VIP, así como para misións de servizo público.

Eurocopter EC225 Super Puma
Tipohelicóptero de transporte de pasaxeiros
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo27 de novembro de 2000
Introducidodecembro de 2004
Principais usuariosCHC Helicopter
Produción1999-presente
Unidades construídasmáis de 170 (2016)[1]
VariantesEurocopter EC725

O EC225, orientado ao uso civil, ten un equivalente militar, que orixinalmente designouse como o Eurocopter EC725; en 2015 pasou a chamarse H225M. O EC225 foi renomeado formalmente como H225 en 2015, en consonancia co cambio de marca corporativo de Eurocopter como Airbus Helicopters.[2]

Desenvolvemento editar

Tras a crise do petróleo de 1973 as compañías petrolíferas e de gas comezaron operación de exploración e explotación en mar aberto, creando así a necesidade de helicópteros máis capaces.[3] O desenvolvemento do EC225, unha versión alongada do AS332 Super Puma, foi anunciado por Eurocopter en xuño de 1998. As principais diferenzas do EC225 con respecto o AS332 son a adopción the adoption da tecnoloxía de rotor Spheriflex e novos motores turboeixo Turbomeca Makila 2A, xunto cunha caixa de cambios principal redeseñada para acomodar os cambios do rotor e do motor, e a adición dun sistema integrado de visualización de voo; eses cambios resultaron en velocidades máis altas e unha maior comodidade para os pasaxeiros, ademais de máis seguridade e menos custos de operación.[4]

O 27 de novembro de 2000 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea. En xullo de 2004 o tipo obtivo a certificación por parte da Axencia Europea de Seguridade Aérea.[4] En decembro de 2015 o H225, unha nova designación usada para o EC225, recibiu a certificación do Comité de Aviación Interestatal da Comunidade de Estados Independentes; este feito fixo do H225 o primeiro helicóptero pesado estranxeiro en ser certificado en Rusia.[5]

En febreiro de 2014 Airbus Helicopters anunciou na Heli-Expo 2014 o desenvolvemento dunha variante mellorada, o EC225e. Este conta con numerosos cambios como un novo sistema de aviónica, un sistema TCAS II para evitar colisións, un sistema automático de identificación, e un sistema especializado de aproximación a plataformas; tamén se intentou equipar un motor mellorado Turbomeca Makila 2B para incrementar o peso máximo de engalaxe do EC225e uns 550 kg, é un tanque de combustible adicional no compartimento de equipaxe posterior para aumentar o seu alcance ata 300 millas náuticas con 10 pasaxeiros no seu interior. Algunhas das modificacións poden realizarse nos existintes EC225.[6][7] No mesmo anuncio Lease Corporation International dixo que tiña un pedido de 645 millóns de dólares por 15 EC225e (xunto con 6 Airbus Helicopters EC175) como cliente de lanzamento. En febreiro de 2016 o motor Makila 2B foi eliminado do EC225e como medida para reducir custos, aínda que o desenvolvemento dos outros aspectos estruturais e de aviónica seguiu adiante.[8]

En 2015 Airbus Helicopters anunciou no Paris Air Show que comezara a desenvolver un sucesor completamente novo do EC225, inicialmente designado Airbus Helicopters X6.[9] A liña de produción do EC225 está proxectada para que continue fabricando o aparello ata ao redor de 2030, inicialmente solapándose co seu sucesor.[10]

Notas editar

  1. "H225". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. "Meet the H Generation". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  3. "40 Years Retrospective: It’s Been a Wild Ride". Rotor & Wing. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "The EC 225 is Certified IFR by the European Airworthiness Security Agency". Defense-Aerospace. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  5. "Airbus Helicopters’ H225 receives Russian certification". Vertical. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. "Airbus Launches Refreshed EC225". Aviation Week Network. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  7. "Airbus adds power, range and automation to EC225". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  8. "Airbus Helicopters drops new engine from H225 upgrade". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  9. "Airbus starts development of new X6 heavy helicopter". Reuters. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  10. "Airbus Helicopters launches X6 concept phase". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.