Dassault Falcon 7X

O Dassault Falcon 7X é un avión de negocios de gran cabina e 11 000 km de alcance fabricado por Dassault Aviation, sendo o segundo máis grande da serie Falcon. Presentado no Salón Aeronáutico de París de 2001, o seu primeiro voo tivo lugar o 5 de maio de 2005[1] e entrou en servizo o 15 de xuño de 2007.[2]

Dassault Falcon 7X/8X
Tipoexecutivo intercontinental
FabricanteDassault Aviation
Primeiro voo7X: 5 de maio de 2005
8X: 6 de febreiro de 2015
Introducido7X: 15 de xuño de 2007
8X: 5 de outubro de 2016
Principais usuariosAir Alsie
Flying Group
Volkswagen AG
Shell Oil
Produción2005 - presente
Unidades construídas289 7X
uns 50 8X

O Falcon 8X, entregado por primeira vez o 5 de outubro de 2016,[3] deriva do 7X e ten un alcance estendido de 11 945 km posible grazas á optimización do motor, melloras aerodinámicas e un aumento da capacidade de combustible.[4] Contando cun motor central con conducto en S, o 7X, o 8X e o Falcon 900 eran os únicos trijets aínda en produción en 2024.

Notas editar

  1. "Falcon 7X completes its first flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-06. 
  2. Sarsfield, Kate. "Dassault Falcon 7X enters service". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-06. 
  3. Sarsfield, Kate. "Dassault delivers first Falcon 8X to Greece's Amjet Executive". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-06. 
  4. "Dassault Expands Falcon Family With 8X". Aviation Week Network. Consultado o 2024-04-06.