Franco Chiesa

numismático suízo
(Redirección desde «F. Chiesa»)


Franco Chiesa, nado en Tesino o 31 de agosto de 1921 e finado o 5 de xaneiro de 1998, foi un numismático suízo.

Infotaula de personaFranco Chiesa
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1921.
Morte5 de xaneiro de 1998
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Suíza.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
1993: Premio Otto Paul Wenger.

Traxectoria editar

Primeiros anos e inicios como empresario editar

Nado en Tesino o 31 de agosto de 1921, a finais da década de 1930 marchou a Basilea, onde o seu pai traballaba como albanel. Alí dedicouse ao sector da metalurxia e creou a súa propia empresa en 1940. Logo da parada da segunda guerra mundial, o seu negocio en Pratteln, Basilea, converteuse nunha industria de referencia no ámbito da chatarra.[1]

Dedicación á numismática editar

Chiesa amosou unha inquedanza intelectual cara ás civilizacións clásicas dun xeito autodidacta, e comezou a ser asiduo en cursos e conferencias sobre arte antiga na Universidade de Basilea. O seu interese focalizábase na arqueoloxía e, sobre todo, na numismática, ámbito no que se converteu un esperto na moeda da Antiga Grecia e da Antiga Roma.[1]

Na década de 1970 reduciu progresivamente a súa dedicación empresarial e trasladouse a Tesino, onde se dedicou ao comercio numismático, logo do establecemento da compañía Numismática Aretusa. Ao mesmo tempo, afondou no estudo e na divulgación do coñecemento numismático coa creación en 1972 de Quaderni Ticinesi di Numismatica e Antichità Classiche, xunto cun grupo de amigos encabezados polo profesor Ernesto Bernareggi.[1]

En 1973 acadou o seu recoñecemento como numismático profesional no Congreso Internacional de Numismática celebrado ese ano en Washington e en Nova York.[1]

En 1986 foi un dos promotores do Circolo Numismatico Ticinese, en Tesino, do que foi vicepresidente desde a súa fundación, e colaborou tamén na creación do Gabinete Numismático da Cidade de Locaro, e na adquisición por parte do Cantón de Tesino dunha importante colección de moedas da Casa da Moeda de Bellinzona, da que publicou en 1991 unha monografía que se converteu no seu texto de referencia.[1][2]

Franco Chiesa faleceu o 5 de xaneiro de 1998 e ese mesmo ano a súa figura foi homenaxeada coa publicación dun volume colectivo, por parte do Círculo Numismático de Ticino, titulada Contributi numismatici in ricordo di Franco Chiesa (1921-1998).[1][3]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Ademais de diversos artigos publicados en revistas numismáticas da súa época, Chiesa foi autor de varios traballos monográficos, dos que a seguir se escolman algún dos máis representativos:[5][6]

  • (1970). Piccola guida per il collezionista di monete. Ed. Numismatica Aretusa, Lugano.
  • (1977). Sintesi sulle monete e la monetazione nel tempo. Ed. Numismatica Aretusa, Lugano.
  • (1991). La Zecca di Bellinzona. Ed. Società Bancaria Ticinese, Bellinzona. ISBN 9788877130099

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Staffieri, G. M. (1998). Páxina 22.
  2. Véxase (1991) en "Bibliografía".
  3. Circolo Numismatico Ticinese. Contributi numismatici in ricordo di Franco Chiesa (1921-1998). Ed. Ennere, Milán. 1998.
  4. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  5. Staffieri, G. M. (1999). Páxinas 22-23.
  6. "Chiesa, Franco". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar