Eva Canel
Agar Eva Infanzón Canel, nada en Coaña (Asturias) o 30 de xaneiro de 1857 e finada na Habana (Cuba) o 2 de maio de 1932, máis coñecida polo seu pseudónimo Eva Canel, foi unha escritora, xornalista e colona española que se asentou en Cuba.[1]
Nome orixinal | (es) Agar Eva Infanzón y Canel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Agar María Joaquina Infanzón y Canel 30 de xaneiro de 1857 Cuaña, España |
Morte | 2 de maio de 1932 (75 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista, actriz |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Eva Canel Ibo Maza Sofía de Burgos Fray Jacobo Beata de Jaruco Clara Mont |
Familia | |
Cónxuxe | Eloy Perillán y Buxó |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Infanzón y Canel (Agar Eva), p.207) |
Traxectoria
editarFilla do médico Pedro Infanzón e de Epifanía Canel y Uría, Eva Agar naceu o 30 de xaneiro de 1857 en Coaña, Asturias. Cando tan só contaba tres anos de idade, o seu pai morreu nun naufraxio causado por uns piratas e xunto coa súa nai trasládase a Madrid.[2][3] Alí, tras cumprir quince anos, comeza a traballar como actriz no teatro e coñece a Eloy Perillán y Buxó, director dunha revista satírica chamada La Broma, con quen casa ese mesmo ano.[1] En 1874 o seu marido é desterrado por publicar un panfleto que a censura considera inconveniente e marcha a Bolivia, deixándoa como directora da revista.[1] Un ano despois, Eva viaxa a América para reunirse de novo con el e colabora en El Ferrocarril, revista da cidade da Paz que dirixe Perillán.[3] En xaneiro de 1875, a parella trasládase a Buenos Aires e fundan El Petróleo, onde ela comeza a dedicarse de cheo ó xornalismo.[4] En 1876, dediden trasladarse de novo, esta vez a Lima, Perú, onde fundan Las Noticias e colaboran con varios xornais como El Comercio e El Perú Ilustrado. Ademais, alí nace o único fillo da parella, ao que bautizaron co mesmo nome que o pai.[2]
Por mor da guerra do Pacífico entre o Perú e Chile, Eva e a súa familia regresaron de novo a España, estabelecéndose en Barcelona. Porén, Perillán acaba marchando a Cuba, onde falece o 1 de marzo de 1889, e Eva trasladouse pouco despois á illa. Alí trata de buscar emprego en dous xornais cubanos, Diario de la Marina e Unión Constitucional, pero os seus respectivos directores negáronse a darlle un posto. Por iso en 1891 a xornalista funda a súa propio semanal, ó que chamou La Cotorra e caracterizábase por ser de tipo satírico e panfletario. Tras pasar oito anos en Cuba, Eva regresa a España tras finalizar a guerra de independencia cubana e instálase de novo en Madrid. Porén, en 1899 volve a Buenos Aires e inicia o seu apoxeo literario, escribindo tres novelas, dando numerosas conferencias e colaborando con varios xornais.[5] Ademais, faise coa propiedade dunha imprenta e funda as revistas Kosmos, en 1904 e Vida Española, en 1907.[3]
O 15 de xullo de 1905 realiza unha disertación na función de gala do Teatro Español de Xeneral Villegas, provincia de Buenos Aires, co gallo dos festexos pola inauguración do Hospital de Caridade. O señor Jaime Serralta fixo a presentación da escritora que disertou sobre "La Caridade" e foi longamente ovacionada.
En 1914, Eva inicia unha viaxe por Hispanoamérica, pero ó chegar a Panamá cae enferma e, aínda que nun principio decide acudir a unha clínica dos Estados Unidos, acaba regresando a Cuba, onde recibe a axuda do seu amigo Antonio Díaz Blanco. Alí continúa coa súa labor xornalística e literaria, até que en 1924 o seu estado de saúde empeora e comeza a ter crises nerviosas e a memoria cada vez máis deteriorada. Finalmente, o 2 de maio de 1932 falece e é enterrada na súa vila natal.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Recordando a Eva Canel". La Nueva España. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Kenmogne, Jean (1995). "Una escritora asturiana en América: Eva Canel". Cuadernos Hispanoamericanos (546): 45–62. ISSN 0011-250X.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Eva Canel en escritoras.com". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2008. Consultado o 29 de septiembre de 2008.
- ↑ Monguió, Luis. Actas del VIII Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas: 22-27 de agosto de 1983. Ediciones Istmo. ISBN 84-7090-163-X.
- ↑ 5,0 5,1 Kenmogne, Jean. "II. Vida familiar, carácter y personalidad y III. Decadencia, homenajes y muerte". Una escritora asturiana en América: Eva Canel. Cuadernos hispanoamericanos. ISSN 0011-250X.