Eurocephalus ruppelli
Eurocephalus ruppelli | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eurocephalus ruppelli pousado nunha rocha no Parque Nacional de Serengeti, Tanzania | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Eurocephalus ruppelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.
É un picanzo que se distribúe pola África oriental.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1853 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,[2] na páxina 440 da súa obra Revue et magasin de zoologie pure et appliquée.[3]
Etimoloxía
editarPara a do xénero, ver Eurocephalus.
O epíteto específico foi unha homenaxe coa que Bonaparte honrou ao naturalista alemán Eduard Rüppell.
Subespecies
editarTense descrito varias subespecies, baseadas en que existe unha ampia variación individual na plumaxe, e que os espécimes do norte da súa área de distribución son máis grandes que os do sur, pero a maioría dos autores consideran que é unha especie monotípica.
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarEurocephalus ruppelli vive en rexións secas e abertas con arbustos, áreas semidesérticas e bosques abertos con acacias, até altitudes de 1 600 m.[1][4]
Distribución
editarDistribúese pola África oriental, desde o sur de Etiopía e o sueste do Sudán do Sur até Tanzania, encontrándose, ademais dos países citados, en Kenya, Somalia e Uganda.[1][4]
(Véxase o mapa á dereita).
Características
editarEsta especie mide entre 19 e 23 cm de lonxitude (é algo menor que o seu parente próximo Eurocephalus anguitimens), ten a coroa (a parte superior da cabeza de cor branca pura).
As ás son apardazadas e a cola, relativamente longa, parda escura.
A garganta e a peituga son brancas, os flancos apardazados e as partes inferiores do corpo, abrancazadas.
Ambos os sexos son similares, pero os xuvenís teñaen a coroa marrón, os flancos brancos e a peituga gris.
O seu voo é semellante ao dun papagaio.[4]
Costumes
editarEurocephalus ruppelli, como o seu parente E. anguitimens, é gregario, e forma grupos de até 12 espécimes. Caza lazándose desde un pousadoiro alto, alimentándose principalmente de grandes insectos, usualmente apañados no solo, e tamén se alimenta nas costas de mamíferos grandes, como fan os búfagos ou picabois, que comen os seus parasitos e, ocasionalmente, consome froitos caídos no solo.[4]
O seu niño, en forma de copa, de paredes grosas, está feito de teas de araña e herbaa, e colócano nunha galla dunha árbore, en posición horizontal, a unha altura de 4 a 6 m sobre o solo. As femia poñe nel de dous a catro ovos de casca branca o lila, con manchas gries, purpúreas o pardas. É probábel que ocorra a denominada cría cooperativa, dados os hábitos gregarios desta especie e a cría cooperativa coñecida de Eurocephalus anguitimens.[4]
Status
editarEurocephalus ruppelli ten unha área de dispersión moi ampla, e é moi común nalgúns lugares (aínda que raro noutros). Non se recoñecen ameazas particulares, e a súa poboación parece estábel. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avaliuou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Eurocephalus ruppelli na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 12 de abril de 2019.
- ↑ Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 no ITIS.
- ↑ Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 en AviBase.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Harris & Franklin 2000.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurocephalus ruppelli |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eurocephalus ruppelli |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Harris, Tony & Franklin, Kim (2000): Shrikes and bush-shrikes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3861-5.
- Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
- Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2013): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.