Eurocephalus
Eurocephalus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Eurocephalus anguitimens pousado no chan, no Parque Nacional de Marakele, Suráfrica | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836 | |||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Eurocephalus é un xénero de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Eurocephalus_%28Genus%29_distr02.png/240px-Eurocephalus_%28Genus%29_distr02.png)
arriba, E. ruppelli; abaixo, E. anguitimens
Este xénero inclúe unicamente dúas especies de picanzos que se distribúen pola África subsahariana.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1836 polo cirurxián, médico militar, explorador etnólogo e zoólogo escocés Andrew Smith,[1] na páxina 52 da súa obra Report of the expedition for exploring central Africa from the Cape of Good Hope. Literalmente, 'os de cabeza ancha'.
Etimoloxía
editarO nome Eurocephalus está formado polos elementos do latín científico euro-, e -cephalus, ambos tirados do grego antigo. O perimeiro elemento é un calco de εὐρύς eyrýs, 'amplo', 'ancho'; e o segido deriva de κεφαλή kephalḗ, 'cabeza'.[2]
Especies
editarComo quedou dito, o xénero conta con dúas especies:[1]
- Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836, de distribución África austral.
- Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853, distribuído pola África oriental.
Subespecies
editarNa primeira das especies recoñécense dúas subespecies:[3]
- Eurocephalus anguitimens anguitimens A. Smith, 1836
- Eurocephalus anguitimens niveus Clancey, 1965
A segunda non ten subespecies.[4]
Características
editarSon aves grandes, de cor parda escura e branca. Unha das súas características máis típicas é a cro branca pura da parte superior da cabeza, ao que alude o seu nome inglés white-crowned shrike (picanzo de coroa branca).
En ambas as especies, os sexos son similares na plumaxe, e os adultos diferéncianse dos inmaturos. Ao contrario que os picanzoa do xénero Lanius, son aves gregarias (como outros picazos africanos), e teñen un voo semellante ao dos papagaios.
Encóntranse nas sabanas e en hábitats forestais abertos. Como o resto dos picanzos pousan ergueitos nalgunha póla dun arbusto ou dunha árbore desde onde poidan ver o territorio circundante.
Polo xeral aliméntanse de insectos grandes pero, ocasionalmente, tamén poden comer froitos caídos ao solo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Eurocephalus A. Smith, 1836 no ITIS.
- ↑ Andreanidis, Antonios (2016): Scientific Names of Southern African Birds Explained AuthorHouse UK. ISBN 978-1-5246-3614-2.
- ↑ Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836 no ITIS.
- ↑ Eurocephalus ruppelli Bonaparte, 1853 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurocephalus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eurocephalus |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9.
- Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
- Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2013): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.