Eduard Rüppell

Naturalista e explorador alemán (1794–1884)

Wilhelm Peter Eduard Simon Rüppell, coñecido na bibliografía internacional como Eduard Rüppell, nado en Frankfurt o 20 de novembro de 1794 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1884, foi un naturalista, explorador, numismático, botánico, xeólogo e zoólogo alemán.

Modelo:BiografíaEduard Rüppell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Wilhelm Peter Eduard Simon Rüppell Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1794 Editar o valor en Wikidata
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1884 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Frankfurt am Main (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pavia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e botánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Frankfurt
Imperio de Etiopía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, naturalista, ictiólogo, numismático, ornitólogo, explorador, zoólogo, botánico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRüppell Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRüppell Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Frankfurter Personenlexikon (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata

Infatigábel viaxeiro pola África nororiental, é hoxe recordado tanto polas numerosas coleccións zoolóxicas e etnográficas que levou a Europa como polas súas exploracións.[1]

Nota: o apelido "Rüppell" é ocasionalmente escrito como "Rueppell" en inglés e alemán.[2]

Traxectoria

editar

Rüppell naceu en Frankfurt, fillo dun próspero banqueiro. Orixinalmeente estaba destinado a ser comerciante, pero despois da súa primeira visita a África en 1817, na que ascendeu polo río Nilo chegando ás súas primeiras cataratas, en Asuán, Exipto,[1] e despois de visitar a península do Sinaí, interesouse na Historia Natural. Ao regresar a Alemaña, completou a súa formación científica,[1] e asistiu a clases de botánica e da zooloxía nas Universidades de Pavia e de Xénova.

En 1821, acompañado polo ciruexián Michael Hey como asistente, viaxaou a través do deserto do Sinaí e, en 1822, foron os primeiros europeos exploradores que alcanzaron o golfo de Aqaba. Despois dirixíronse a Alexandría, vía monte Sinaí.

Realizou a súa primeira grande expedición (18221828), subindo o Nilo, e cruzando o Sudán desde o deserto de Nubia ao sur até Cordofán, no centro do Sudán,[1] recolectando espécimes da zona sur de Ambukol, e retornando ao Cairo en xullo de 1825.

Unha planeada exploración a Etiopía só chegoua a Massawa, en Eritrea, onde o grupo sufriu afeccións de saúde. Rüppell retornou a Europa en 1827. Durante a súa ausencia Philipp Jakob Cretzschmar usou os espécimes enviados por Rüppell para escribir o Atlas zu der Reise im nordlichen Afrika (Atlas sobre as Viaxes no norte de África, 1826).

Pero na súa segunda gran exploración (1831-1834), cruzou Etiopía de leste a oeste, pasando polas ruínas de Axum, até chegar ao lago Tana, que cartografou con maior precisión que os seus predecesores.
Os seus informes sobre as antigüidades de Axum aumentaron en gran medida o seu coñecimiento, e incluíron os primeiros debuxos do reino de Axum. Ao seu regreso, quedou na daquela capital de Etiopía, Gondar, onde puxo en orde as súas coleccións e reuniu unha antoloxía de manuscritos etíopes antigos.[1]

En 1829 foi elixido membro da Academia Alemá de Ciencias Naturais Leopoldina.[3] Cando se fundou a Société Cuvierienne, en 1838, foi un dos 140 membros fundadores da Sociedade.[4]

Algunhas obras

editar
 
Rüppell na súa xuventude.
  • Atlas zu der Reise im nördlichen Afrika. Brönner, Frankfurt 1826–1828. doi:10.5962/bhl.title.53779
  • Reise in Nubien, Kordofan und dem peträischen Arabien vorzüglich in geographisch-statistischer Hinsicht. Friedrich Wilmans, Frankfurt am Main 1829 Ler en liña
  • Fortsetzung der Beschreibung und Abbildung mehrerer neuer Fische, im Nil entdeckt. Brönner, Frankfurt 1829 doi:10.5962/bhl.title.14871
  • Beschreibung und Abbildung mehrerer neuer Fische, im Nil entdeckt. Brönner, Frankfurt 1829 doi:10.5962/bhl.title.14870
  • Reise in Abyssinien. 2 Bände und Atlas. Schmerber, Frankfurt 1838–1840.
  • Neue Wirbelthiere zu der Fauna von Abyssinien gehörig. Schmerber, Frankfurt 1835–1840. doi:10.5962/bhl.title.53778
  • Systematische Uebersicht der Vögel Nord-Ost-Afrika's. nebst Abbildung und Beschreibung von fünfzig Theils unbekannten, Theils noch nicht bildlich dargestellten Arten. S. Schmerber'sche Buchhandlung, Frankfurt 1845 doi:10.5962/bhl.title.51961
  • Beschreibung und Abbildung der Schaumünzen, welche zum Angedenken von Bewohnern Frankfurts gefertigt wurden. Adelmann, Frankfurt 1855.

Abreviaturas

editar

Honores

editar
 
Tumba de Eduard Rüppell no Cemiterio principal de Frankfurt.
  • Foi membro da Academia Alemá das Ciencias Naturais Leopoldina.
  • foi galardoado cosa Medalla Patron, da Royal Geographical Society de Londres (1839).

Epónimos

editar
Especies animais
Especies vexetais
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Eduard Rüppell na Encyclopaedia Britannica.
  2. CERL Thesaurus Rueppell, Edward (ver o apartado "Names").
  3. [1]Leopoldina: Eduard Rüppell, elixido membro en 1829 Arquivado 13 de abril de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 13 de abril de 2019.
  4. Société Cuvierienne (1838): Liste des Premiers Fondateurs de la Société Cuvierienne, Association universelle pour l'avancement de la Zoologie, de L'Anatomie comparée et de la Palaeontologie. Revue Zoologique par La Société Cuvierienne 1: 192.
  5. Pflanzenw. Ost-Afrikas C. 419. 1895.
  6. Bot. Gaz. 90: 389. 1930.
  7. Tent. Fl. Abyss. 372.
  8. Repert. Spec. Nov. Regni Veg. Beih. 11: 53. 1922.
  9. Notes Roy. Bot. Gard. Edinburgh 32 (2): 269. 1973.
  10. Gen. Pl. [Bentham & Hooker f.] 2 (1): 457.
  11. Act. Hort. Berg. viii. 112. 1925).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • Rüppell, Eduard Biografía en Frankfurter Personen Lexicon (en alemán).
  • Obituario: Proc. of the Royal Geographical Society and Monthly Record of Geography, New Monthly Series 8 (10): 654. (outubro de 1886).