Imperio de Etiopía
Coordenadas: 9°02′N 38°44′L / 9.033, -38.733
O imperio de Etiopía (en amhárico መንግሥተ፡ኢትዮጵያ, Mängəstä Ityop'p'ya), coñecido tamén como Abisinia, foi un imperio africano fundado contra 1270, cando Yekuno Amlak derrocou o último rei da dinastía Zagwe Yetbarak, dando orixe á dinastía Salomónica, así chamada debido á súa suposta descendencia do rei Salomón.
መንግሥተ፡ኢትዮጵያ (en amhárico) Mängəstä Ityop'p'ya Imperio de Etiopía | |||||
| |||||
| |||||
Lema: ኢትዮጵያ ታበፅዕ እደዊሃ ሃበ አግዚአብሐር Ityopia tabetsih edewiha habe Igziabiher Etiopía tenderá as mans a Deus (Salmo 68:32) | |||||
Himno: ኢትዮጵያ ሆይ Ityopp'ya Hoy | |||||
O imperio Etíope en 1750 (en laranxa), e conquistas do emperador Menelik II a finais do século XIX (en amarelo) | |||||
Capital | Addis Abeba, outras: Gondar, Amba Mariam, Lalibela, Addis Alem | ||||
Lingua | ge'ez (oficial); amhárico, tigriño, oromo, somalí (faladas) | ||||
Relixión | Igrexa Ortodoxa etíope | ||||
Goberno | Monarquía absoluta | ||||
Emperador de Etiopía Negus Neghesti |
|||||
• 1270 | Yekuno Amlak (primeiro) | ||||
• 1930 - 1974 | Haile Selassie (derradeiro) | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 1270 | ||||
• Ascenso da dinastía salomónica | 1270 | ||||
• Ocupación italiana | 1936 | ||||
• Liberación | 1941 | ||||
• Golpe de estado | 12 de marzo de 1975 | ||||
Moeda | bloques de sal tálero de María Tareixa (desde o século XVIII ao XIX) tálero de Melenik (introducido en 1894) lira italiana (1936-1942) birr (desde 1945) |
Yekuno Amlak asumiu o título de negus neghesti (ንጉሠ ነገሥት), é dicir, "rei de reis".
Naquela época o imperio comprendía o territorio hoxe coñecido como Etiopía e algunhas parte do sur de Eritrea, pero no momento do seu máximo esplendor, tamén incluía o norte de Somalia, Djibuti, o sur de Exipto, o Sudán oriental, o Iemen e o occidente da Arabia Saudita.
O imperio tivo unha duración de case 750 anos, desde o derrocamento da dinastía Zagwe en 1270 até a abolición da monarquía en 1975.
Considérase como o descendente directo do reino de Aksum, existente desde o século IV antes de Cristo, razón pola cal foi considerado por algúns como o Estado máis antigo do mundo.
O impero subsistiu até 1974, cando a monarquía foi derrocada por un golpe de Estado.
Foi a única nación africana (xunto con Liberia) que resistiu con éxito a repartición de África levada a cabo polas potencias coloniais durante o século XIX.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Adekumobi, Saheed A. (2007): The History of Ethiopia. Westport: Greenwood Publishing Group. ISBN 0-3133.2273-2.
- Shillington, Kevin (2004): Encyclopedia of African History, Vol. 1. Londres: Routledge. ISBN 1-5795-8245-1.
- Pankhurst, Richard (2001): The Ethiopians: A History. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-6312-2493-9.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Abyssinia na Encyclopaedia Britannica volume 1, 1911.
- Ethiopia na Encyclopaedia Britannica volume 9, 1911.
- Abyssinia na Collier's New Encyclopedia, 1921.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |