Uxío Carré Alvarellos

escritor galego
(Redirección desde «Eugenio Carré Alvarellos»)

Uxío Carré Alvarellos, nado na Coruña o 5 de setembro de 1885 e finado o 18 de setembro de 1967 na mesma cidade, foi un escritor galego.

Infotaula de personaUxío Carré Alvarellos
Biografía
Nacemento(es) Eugenio Ernesto Justiniano Carré y Alvarellos Editar o valor em Wikidata
5 de setembro de 1885 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargarida Naya Silva
FillosUxío Carré Naya
PaiUxío Carré Aldao Editar o valor em Wikidata
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos, Leandro Carré Alvarellos e Lois Carré Alvarellos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o segundo dos once fillos de Uxío Carré Aldao. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado académico non numerario da Real Academia Galega. O 20 de abril de 1919, publicou en "¡Terra a Nosa!" (suplemento literario do diario coruñés El Noroeste) un conxunto de poemas titulado xenericamente Da raza. En 1921 publicou A tentación e Macías o Namorado. En 1954 e 1964 publicou en Buenos Aires Escolma de poesías e arelas.

Escribiu co seu irmán Leandro unha biografía de Galo Salinas premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas (O milagre, Volverá, Un episodio en la retaguardia), ademais dunha serie de diálogos reunidos baixo o título común Críticas e pasatempos.

Casou en novembro de 1914 con Margarida Naya Silva. O seu fillo máis vello, Uxío Carré Naya, foi asasinado durante a represión que seguiu á sublevación do 18 de xullo de 1936.

Obra editar

 
A tentación, 1921.
  • Da raza, 1919 (versos)
  • Macías, o namorado, monólogo en verso, 1921 (teatro)
  • A tentación, ensaio de poema representabre en dúas xeiras, 1921, ilustrado por Camilo Díaz Baliño.[1]
  • Escolma de poesías, 1954 (versos)
  • Desalento: Monólogo curto, 1960 (teatro)
  • A miña viaxe ás Grañas do Sor, 1993 (póstumo, inclúe o poemario Arela e as novelas O milagre e Volverá) [2]

Notas editar

  1. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 
  2. A miña viaxe ás grañas do Sor Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na páxina da Editorial Galaxia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar