Uxío Carré Naya

político e sindicalista galego

Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado en Elviña o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Uxío Carré Naya
Nacemento1915
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento28 de agosto de 1936
Lugar de falecementoElviña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
PaiUxío Carré Alvarellos
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Uxío Carré Alvarellos (e neto de Uxío Carré Aldao), participou na vida política da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudos de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Despois foi asesor da UGT da Coruña en diversos conflitos e chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia. Foi asasinado en Elviña o 28 de agosto de 1936.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar