Esther Estévez
Esther Estévez Casado, nada en Verín o 18 de novembro de 1997,[1] é unha xornalista galega, presentadora do programa da TVG Dígocho eu dende 2020, de divulgación para mellorar o uso da lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1997 (27 anos) Verín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
Empregador | Televisión de Galicia |
Traxectoria
editarEstudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e após rematar os estudos en 2019, Esther fixo prácticas na Radio Galega e Nós Televisión. Desde setembro de 2019 traballa no departamento de Tempo Real, na Área de Información da TVG, e presenta o programa Dígocho eu dende xaneiro de 2020.[1] Trátase dun programa diario de curta duración que se difunde a través de G24.gal,[2] e redes sociais como YouTube, Instagram e TikTok.
O 18 de outubro de 2020 Estévez pasou a presentar tamén o programa Cachadas,[3] un espazo semanal de humor que recolle algúns dos momentos divertidos da programación da TVG. Ten participado noutros programas de TVG como o Luar ou o especial 25 de xullo de 2022.[4]
Dende o 17 de maio de 2021 Esther presenta Dígocho eu no Twitch da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, «O reto do #DígochoEu», onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, «Apuntamento lusófono», que se emite dende o 19 de maio, o cal presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli, no cal Esther trata de aprender portugués, e Rodrigo galego. Posteriormente, estes programas son resubidos á páxina web e a canle de YouTube da TVG.[5]
O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20ª edición dos premios[6] polo programa Dígocho eu, que tamén gañou o premio a mellor programa de televisión. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo en 2023, volveu gañar outra vez o premio á mellor comunicadora.[7]
En 2023 comezou a presentar o Luar trala marcha temporal de Xosé Ramón Gayoso. Estévez segue colaborando en dito programa xunto con Gayoso.
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
2022 | Mellor comunicadora | Dígocho eu | Gañadora |
2023 | Mellor comunicadora | Dígocho eu | Gañadora |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Esther Estévez LGx15". lgx15.gal. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Dígocho eu en G24Noticias". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Cachadas en CRTVG". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ REDACCIÓN (2022-07-25). "A TVG ofrece a súa ‘Gala do 25 de Xullo’ con Tanxugueiras e Heredeiros". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-07-26.
- ↑ O actor portugués Rodrigo Paganelli ficha polo #DígochoEu da CRTVG en Twitch
- ↑ crtvg.es, ed. (20 de marzo de 2022). "Esther Estévez recibe o Premio á Mellor Comunicadora 2022". Consultado o 21 de marzo de 2022.
- ↑ Suárez, Ricardo (2023-03-12). "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. Consultado o 2023-03-12.