Dígocho eu
Programa da Televisión de Galiza para o melloramento do galego.
Dígocho eu é un proxecto da CRTVG que traballa o melloramento da competencia en lingua galega.
Dígocho eu | |
---|---|
Presentado por | Esther Estévez |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 01-2020 |
Na rede
| |
https://digochoeu.gal/ | |
Traxectoria
editarComezou a súa andaina en xaneiro de 2020. O seu equipo está formado por Carlos F. Amado (coordinador de contidos informativos dixitais) e Esther Estévez (presentadora), utilizando o humor como recurso.[1]
Galardóns e nomeamentos
editarEn 2021 recibiu o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua.[2]
O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo ao mellor programa de televisión na 20ª edición dos premios,[3] e a presentadora Esther Estévez gañou o premio á mellor comunicadora.
Ano | Categoría | Programa | Resultado |
---|---|---|---|
2022 | Mellor programa de televisión | Dígocho eu | Gañador |
2023 | Mellor programa de televisión | Dígocho eu | Nomeado |
Notas
editar- ↑ "#DígochoEu Explicamos o noso proxecto n'A Revista". Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Premio da Cultura Galega para o programa da TVG “Dígocho eu”". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ crtvg.es, ed. (20 de marzo de 2022). "Esther Estévez recibe o Premio á Mellor Comunicadora 2022". Consultado o 21 de marzo de 2022.