Espetada moura

espetada típica de España e Marrocos

A espetada moura (coñecida en español coma pincho moruno ou pinchito e internacionalmente coma shish kebab) é unha preparación orixinaria de Marrocos, elaborada con carne adubada, cravada nun espeto e cociñada nunha grella ou prancha[1]. En España a carne pode ser de polo ou de porco adubado en pemento e allo, xeralmente picante segundo o tipo de pemento empregado no adubo. O simple termo espetada refírese ao conxunto de anacos de alimentos cravados nun espeto e asados nunha prancha ou grella, neste caso poden ser peixes (peixe sapo...), mariscos (lagostinos...), carnes ou verduras[1].

Espetada moura nas Festas de San Lourenzo, Valladolid.

espetada moura orixinal elabórase con carne de año, vitela ou mesmo pito (nunca de porco), xeralmente condimentada cunha mestura de numerosas especias (Ras o hanut), que inclúen na súa composición básica:comiño, ourego, coandro, cúrcuma, carvea, pemento, noz moscadacaiena e canela, entre outras. Toda esta mestura de ingredientes é esmagada e engadida en distintas proporcións, dependendo do oficiante e o gusto do cliente.

Características

editar

Estes petiscos mouros adoitan estar elaborados cun espeto de metal (neste caso adoita ter unha argola ao final) duns 20 a 25 cm de longo no cal se crava unha sucesión determinada de anacos de carne que se deben pór na grella, á prancha ou nun anafe (especie de fornelo de barro). Adoita venderse o conxunto completo (espeto e carne ensartada) ou só a carne adubada e en cachos.

O nome deste petisco procede da súa orixe na tradición culinaria andalusí e magrebí.

  1. 1,0 1,1 VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar