Carne de porco

carne procedente do porco

A carne de porco é todo tipo de carne obtida a partir do porco doméstico (Sus domesticus). É unha das carnes máis consumidas do mundo,[1] tendo evidencias da gandaría porcina que datan do 5000 a.C.. No entanto, o seu consumo é considerado como un tabú alimentario por diversas Relixións, como o xudaísmo, islamismo e o adventismo, que á considran unha carne impura. En Galicia e boa parte de Europa é un dos alimentos máis tradicionais.

Filete de porco á bordelaise.
Costela de porco con mollo barbacoa e cebolas.
Porco enteiro asado lentamente no espeto.

A carne de porco, tamén chamada carne porcina, consómese de diversas maneiras, incluíndo cocida, salgada ou afumada (xamón, incluíndo o prosciutto italiano) ou unha combinación destes métodos (touciño, touciño entrefebrado ou pancetta). Tamén é un ingrediente común das salchichas e longaínzas. A chacinaría é o ramo da gastronomía dedicada aos produtos de carne preparada, principalmente de porco.

A suinicultura desempeña un papel estratéxico na alimentación humana. A carne de porco é a carne máis consumida no mundo; para algúns autores representaría o 44% do consumo global, contra 29% da bovina e 23% da carne de aves, mentres que outros apuntan que supón o 38% da produción mundial de carne, seguida pola carne de polo, co 30%, e a bovina coEW 25.[1]

Despezamento

editar
 
Representación esquemática das partes dun porco
  1. 1,0 1,1 Raloff, Janet. Food for Thought: Global Food Trends. Science News Online. 31 de maio de 2003.