Cacheira

A cacheira, ou cachaza, cachola ou cachucha, é como se denomina á cabeza do porco, despois de despezado,[1] cando está salgada.[2]

È un dos ingredientes do cocido, especialmente do cocido galego.

Paetes que comprendeEditar

A caheira inclúe as orellas, o fociño e a cara, sen contar a papada, e normalmente consévase curada, salgada ou afumada.[Cómpre referencia]

Cacheira prensadaEditar

A cacheira prensada, tamén chamada queixo do porco, é un embutido feito principalmente con carne da cabeza do porco e outros miúdos, condimentados, e sometido a unha coccción.

Prepárase como se fora un cocido, con grelos, un pouquiño de unto, e outros ingredientes do cocido. Cando está ben tenra a cacheira, que xa comeza a despegarse, sácases todo o óso e o exceso de carne, o que é a parte da carrilleira (a que está debaixo da mandíbula). Retírase esa parte, porque senón, ao prensala, como non ten tanta xelatina, pode ter o perigo de que se desfaga (é que a xelatina é como un pegamento).[3]

Pode facerse cun tupper que encaixe noutro. Bótase toda a carne esmiuzada nun deles (e se fai falta rectifcar de sal, faise), ponse o outro tupper enriba e apértase forte, colocando un peso encima, por exemplo, catro cartóns de leite. Déixase un día e medio na neveira e, pasado ese tempo, sácase do tupper e queda como un flan.[3]

NotasEditar

  1. cacheira, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. cachola. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-071-1.
  3. 3,0 3,1 Mónica Martínez (15 de febreiro de 2018). "Todo el sabor del cocido gallego en una terrina, con alcachofas para compensar". Mundiario. Consultado o 22 de decembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar