Walther Hermann Nernst

Walther Hermann Nernst, nado en Briesen, (Prusia, hoxe Wąbrzeźno) o 25 de xuño de 1864 e finado en Ober-Zibelle (Alemaña) o 18 de novembro de 1941, foi un físico e químico alemán, Premio Nobel de Química en 1920.

Infotaula de personaWalther Hermann Nernst

Walther Hermann Nernst
Nome orixinal(de) Walther Nernst Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1864
Wąbrzeźno, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1941
Ober-Zibelle Alemaña Alemaña
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Alemaña
País de nacionalidadeAlemán
EducaciónUniversidade de Berlín
Universidade de Zuric
Universidade de Graz
Universidade de Wuerzburg
Director de teseFriedrich Kohlrausch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porTerceira Lei da Termodinámica
Lámpada de Nernst
Ecuación de Nernst
Efecto de Nernst
Ecuación de Nernst Planck
Termoquímica
Actividade
Campo de traballoQuímica física
Física
Lugar de traballo Zürich
Heidelberg
Gotinga
Leipzig
Berlín
Graz
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , físico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga
Universidade Humboldt de Berlín
Physikalisch-Technische Bundesanstalt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
19111st Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoFrancis Simon (pt) Traducir, Karl Friedrich Bonhoeffer (pt) Traducir, Arnold Eucken (pt) Traducir, Fritz Lange (pt) Traducir, Robert von Lieben (en) Traducir, Irving Langmuir, William Duane (pt) Traducir, Max Speter (en) Traducir, Kurt Wohl (en) Traducir, Hans Schimank (pt) Traducir, Hermann Schottky (en) Traducir, John Eggert (pt) Traducir, Friedrich Dolezalek (pt) Traducir e Frederick Lindemann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmma Lohmeyer (1892)
Premios
Premio Nobel de Química (1920)

Páxina webnernst.de Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Nernst-1 Find a Grave: 37063044 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado na Prusia occidental, considerábase alemán, aínda que de nai polaca.

Estudou nas universidades de Zúric, Berlín, Graz e Würzburg. Tras traballar algún tempo en Leipzig, desde 1891 exerceu como profesor de física na Universidade de Gotinga, onde, en 1895, fundou o Instituto de Química, Física e Electroquímica.

Posteriormente, en 1905 trasladouse á Universidade Humboldt de Berlín como profesor e director do Instituto de Química Física. En 1922 foi nomeado presidente do Instituto Fisicotécnico de Berlín-Charlottenburg, cargo que deixou en 1933. Desde entón dedicouse ao estudo da electroacústica e astrofísica.

Casou con Emma Lohmeyer en 1892 con quen tivo dous fillos e tres fillas.[1]

Investigacións científicas editar

 
Segunda Congreso Solvay (1913), conferencias promovidas por Nernst e Max Planck. Podemos ver a Nernst, situado o primeiro pola esquerda da primeira fila, sentado á beira de Ernest Rutherford

Os seus traballos axudaron a establecer a moderna físico-química. Traballou nos campos da electroquímica, termodinámica, química do estado sólido e fotoquímica. Os seus descubrimentos inclúen a ecuación de Nernst.

Desenvolveu o chamado "teorema da calor", segundo o cal a entropía dunha materia tende a anularse cando a súa temperatura aproxímase ao cero absoluto, e que constitúe a Terceira Lei da Termodinámica. Recibiu o premio Nobel de Química, premio que foi anunciado o 10 de novembro de 1921 e entregado aquel mesmo ano.

Desenvolveu tamén unha teoría osmótica para explicar e determinar o potencial dos eléctrodos dunha pila de concentración e formulou a lei de distribución dunha materia entre dúas fases dadas.

Inventou a chamada lámpada de Nernst, cuxo filamento (constituído por óxidos de circonio e itrio) faise condutor ao quentarse, podendo alcanzar temperaturas superiores en máis de 1000 °C ás doutras lámpadas, máis eficaz que as antigas lámpadas de arco de carbón e que adoita empregarse como fonte de raios infravermellos.

A partir de 1933 dedicouse ao estudo da electroacústica e a astrofísica, inventou unha microbalanza, así como un piano eléctrico en colaboración coas compañías Bechstein e Siemens, e no que utilizou amplificadores de radio.

Recoñecementos editar

Na súa honra bautizouse ao asteroide (24748) Nernst descuberto o 26 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Ludtz D. Schmadel.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Fritz Haber
Premio Nobel de Química
 

1920
Sucesor:
Frederick Soddy