Levy Patrick Mwanawasa, nado en Mufulira o 3 de setembro de 1948 e finado en París o 19 de agosto de 2008,[1] foi un avogado e político de Zambia, presidente do seu país entre 2002 e 2008, cando faleceu.

Infotaula de personaLevy Mwanawasa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Levy Patrick Mwanawasa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata
Mufulira, Zambia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 2008 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Clamart, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaEmbassy Park (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of Zambia (en) Traducir
2 de xaneiro de 2002 – 19 de agosto de 2008
← Frederick ChilubaRupiah Banda →
Presidente da Organización para a Unidade Africana
2 de xaneiro de 2002 – 9 de xullo de 2002
← Frederick ChilubaSupresión do cargo →
Membro da Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) Traducir
decembro de 1991 – 1994
Vice President of Zambia (en) Traducir
decembro de 1991 – 1994
← sen valor – Godfrey Miyanda (en) Traducir →
Nomeado por: President of Zambia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeZambia Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Zâmbia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lusaca Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimento para a Democracia Multipartidária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaureen Mwanawasa
Premios

WikiTree: Mwanawasa-1

Primeiros anos e educación editar

Mwanawasa naceu en Mufulira, Rodesia do Norte, como o segundo de 10 fillos e pertencente ao pequeno grupo étnico lenje. Recibiu a súa educación primaria en distintas escolas da provincia mineira de Copperbelt. Recibiu a súa educación secundaria na Escola Chiwala en Ndola, onde participou en varios movementos estudantís a favor da independencia de diversos países do continente africano baixo a dominación europea.

Ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de Zambia, onde chegou a ser vicepresidente do Centro de Estudantes. Tras graduarse como avogado, traballou en empresas de dereito privado desde 1974 até 1978, cando formou a súa propia firma de avogados chamada Mwanawasa & Company, á que dedicará 14 anos de carreira xurídica e coa que irá acumulando reputación e prestixio até o punto de que en 1983 foi nomeado vicepresidente da Asociación de Dereito de Zambia.[2]

Carreira política editar

En 1985 desempeñouse como procurador xeral no goberno de Zambia, pero regresou á práctica privada en 1986, debido a diferenzas co partido político imperante.

En 1989, dirixiu o equipo de defensa legal para o tenente xeneral Christon Tembo, quen foi acusado polo goberno de Kenneth Kaunda de conspiración para derrocar o goberno, que foi xulgado como un acto de traizón, pasible da pena de morte; Tembo gañou o caso contra o estado, e a reputación de Mwanawasa creceu entre a oposición anti-Kaunda.

Tras o caso, a súa reputación creceu de tal xeito que o presidente do Movemento por unha Democracia Multipartidaria (MMD), Frederick Chiluba, chamouno para que se encargara dos asuntos legais do partido, que pouco a pouco se convertería no principal partido da oposición contra o réxime de Kaunda até que en 1991 o MMD obtivo unha esmagadora vitoria nas eleccións xerais. Nelas, Mwanawasa obtén un escano como deputado pola circunscrición de Chifubu, en Ndola.

Tras a súa vitoria, Chiluba nomeouno vicepresidente en decembro de 1991. Nese mesmo ano, en Suráfrica, sufriu un grave accidente de tránsito, no que morreu o seu acompañante e el quedou con graves feridas que lle deixaron secuelas físicas permanentes: durante a investigación do feito chegouse a crer incluso que fora un ataque intencionado con motivos políticos, mais ao final, o caso pechouse sen esta consideración. Mwanawasa deixou de maneira definitiva a súa firma de avogados en 1992, para dedicarse de cheo aos asuntos de Estado.[2]

Renunciou á vicepresidencia en 1994, declarándose incompetente no seu cargo, entre os diversos escándalos de corrupción que estaban afectando a varios altos funcionarios do goberno. Isto causou unha división entre el e Chiluba, xa que mentres Mwanawasa ía sendo unha eminencia no partido, Chiluba era fortemente criticado pola delicada situación económica do seu país, e polas acusacións de corrupción que recibía o goberno. Todo chegou ao seu cénit cando en 2000, Chiluba intentou reformar a constitución para postularse a un terceiro mandato, o que xerou fortes críticas tanto da oposición como do seu propio partido e abriu o camiño a posibles sucesores, entre eles Mwanawasa.

Presidente de Zambia (2002-2008) editar

Campaña presidencial e polémica vitoria editar

Nas eleccións presidenciais de 2001, Chiluba fixo as paces con Mwanawasa, proclamándoo candidato presidencial, xunto co apoio do Comité Executivo Nacional do MMD. Entre as súas promesas figuraba a continuación e mellora da economía e política liberal que Chiluba levara a cabo durante o seu mandato, mellorar a cantidade de empregados no sector privado, reducir a débeda externa, e reducir os índices de pobreza no país (aproximadamente o 70% da poboación está á marxe da pobreza). O seu triunfo na presidencia foi tan sorpresivo como polémico posto que organismos internacionais consideraron que se deran serias irregularidades, como atrasos no reconto de votos e unha lentitude que xerou enormes fileiras nos votantes. Aínda así, a Corte Suprema de Zambia considerou legal o triunfo de Mwanawasa, cun apoio do 28,7% dos votos, fronte ao seu rival, Anderson Mazoka, quen obtivo un 26,7% dos votos, o que se considerou unha maioría mediocre e pouco confiable ante os estándares nacionais e internacionais.[2]

Primeiro mandato (2002-2007) editar

 
Levy Mwanawasa (centro), xunto coa súa esposa Maureen Mwanawasa (dereita), e a primeira dama de EUA Laura Bush (esquerda). 28 de xuño de 2007.

O 2 de xaneiro de 2002 xura como o 3° Presidente de Zambia, cun Parlamento bastante dividido, xa que o seu partido posuía 69 escanos sobre os 159 do Parlamento zambiano, e coa presenza de disturbios e manifestacións que consideraban a súa presidencia como ilexítima. Cinco días despois, Mwanawasa presenta o seu gabinete, no que el mesmo se designa como Ministro de Defensa e xurando que non ía tolerar casos de corrupción nos ministerios.

A súa campaña contra a corrupción tivo o seu primeiro enfrontamento en xullo de 2002, cando lle quitou a inmunidade parlamentaria ao seu predecesor, Frederick Chiluba, ao que acusou de malversación de fondos a grande escala, para beneficio persoal e familiar. En febreiro de 2003, Chiluba foi arrestado e procesado por 169 cargos de corrupción, pero durante o xuízo, Mwanawasa ofreceulle un trato no que se confesaba os seus crimes e devolvía a cantidade de diñeiro roubada (naquel momento estimouse que roubara $43 millóns de dólares), outorgaríalle o indulto presidencial, o que provocou indignación por parte da cidadanía e da oposición, quen non tardaron en acusar a Mwanawasa de posuír unha dobre vara de medir na súa campaña anticorrupción. A pesar diso, Chiluba rexeitou a oferta e rompeu todo tipo de relacións con Mwanawasa, declarándoo o seu inimigo persoal.[2]

Entre outros conflitos que tivo Mwanawasa, figuraron a destitución do seu vicepresidente, Enoch Kavindele, e do seu Ministro de Finanzas, Emmanuel Kasonde, porque consideraba que ambos non facían o suficiente para combater a corrupción. Kavindele foi sucedido por Nevers Mumba, que permanecerá no cargo até o 2004, ao acusar ao mesmo Mwanawasa de corrupción e abuso de poder. Cara a finais dese ano, Mwanawasa suspendeu o proceso constituínte, alegando falta de orzamento para que levalo a cabo, o que causou a indignación da oposición, quen argumentou que Mwanabasa en realidade quería evitar que se levará a cabo unha das propostas, que consistía en incorporar unha segunda volta presidencial, en caso de que ningún candidato superase o 51% dos votos. Mentres todo isto ocorría, os partidos da oposición, como a Fronte Patriótica, liderada por Michael Sata ían gañando forza.[2]

Durante o seu mandato tamén se deron diversas manifestacións e revoltas, nas que se criticaban a proposta de aumentar o sector privado, posto que máis que aumentar a empregabilidade, fixo que aumentase o desemprego de maneira considerable; tamén se protestaba contra a corrupción e pola gravísima desigualdade económica imbricada no país.

En 2005, deu un sorpresivo discurso, Mwanawasa compadeceu para pedir desculpas por non deter a crise alimentaria que sufría Zambia desde o ano 2002, no que 4 de cada 10 zambianos pasaba fame, e a produción nacional de cereal non daba abasto suficiente para alimentar toda a poboación,

Pese a todos os reveses que tivo que enfrontar, durante o seu goberno puido reter e combater a propagación do VIH na poboación, reducir a débeda externa de 7200 a 6700 millóns de dólares estadounidenses, obter ganancias por medio da alza que tivo o prezo do cobre (principal produto exportador de Zambia). Sobre a súa campaña no sector privado, mellorou a condición económica, reducindo a inflación ao 10%, e no 2006, déronse boas colleitas, que puideron reverter a fame negra que estaba pasando o país. En relacións internacionais, Zambia fomentou enormemente as relacións diplomáticas e comerciais con China, quen foi un dos principais propulsores da privatización de diversas industrias de Zambia, proporcionando un considerable avance económico no país.[2]

Segundo mandato (2007-2008) editar

En abril de 2006, Mwanawasa sufriu unha leve trombose cerebral, o que provocou unha redución da súa axenda laboral, e a pesar de terse recuperado, xerou dúbidas da súa condición física e psicolóxica, sobre todo cando confirmou que ía postularse á reelección para o período 2007-2012. As eleccións leváronse a cabo o 28 de setembro de 2006, onde Mwanawasa obtivo o 43% dos votos, fronte ao seu rival, Michael Sata, que obtivo o 29,4% dos votos. Os resultados oficiais foron confirmados o 2 de outubro, pola Comisión Electoral de Zambia, e a diferenza da última elección, os organismos internacionais deron unha cualificación positiva á realización das eleccións.

A principios de 2008, Mwanasawa converteuse nun dos primeiros mandatarios africanos en condenar o réxime ditatorial de Robert Mugabe en Zimbabue, acusándoo de múltiples fraudes electorais, pola súa represión cara aos seus críticos e por levar a Zimbabue a unha grave hiperinflación.

Entre chamamentos pola unidade nacional, Mwanawasa presentou o seu gabinete o 9 de outubro, onde designou como vicepresidente a Rupiah Banda, que chamou a atención dos medios, posto que Banda pertencía á oposición.

Enfermidade e falecemento editar

O 29 de xuño de 2008, mentres Mwanawasa se encontraba en Sharm el-Sheij, Exipto, para participar na XI Asemblea da Unión Africana, sufriu un gravísimo derramo cerebral a raíz dun accidente cerebrovascular, polo que foi internado de urxencia: os médicos exipcios lograron deter a hemorraxia, e o 1 de xullo Mwanawasa foi enviado a Francia, ingresando no Hospital Militar de Percy. Durante a súa hospitalización, Banda asumiu a presidencia de forma interina, enfrontando as falsas noticias de que Mwanawasa falecera, difundidas polos medios de comunicación.

Finalmente, Mwanawasa faleceu o 29 de agosto de 2008 aos 59 anos, provocando diversas reaccións a nivel internacional. A pesar das rivalidades, Mugabe tamén mostrou o seu sentido pésame, no que o consideraba un ''irmán e compañeiro''.[2] Os funerais de Estado realizáronse en Lusaka o 3 de setembro, nos que asistiron decenas de mandatarios africanos, partidarios do seu goberno e incluso adversarios políticos como Michael Sata.

Vida privada editar

Mwanawasa tivo diversas conversións de fe ao longo da súa vida, converténdose primeiro ao cristianismo protestante en 1977, pola Igrexa Unida de Zambia, e logo no ano 2001, tras casar por segunda vez, convértese ás Testemuñas de Xehová. En 2005, bautizaríase na Convención Baptista Sureña.[2]

En canto á súa familia, casou dúas veces, nas que tivo 6 fillos (dous coa súa primeira esposa antes de divorciarse, e catro coa segunda).

Notas editar

  1. "Europa Press - Fallece en un hospital de Francia el presidente de Zambia, Levy Mwanawasa" (en castelán). 19 de agosto de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Roberto Ortiz de Zárate. "Levy Mwanawasa". www.cidob.org (en español). Consultado o 14 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Presidente de Zambia

Segue a:
Frederick Chiluba
Levy Mwanawasa
Precede a:
Rupiah Banda
Movement for Multipartidary Democracy - MMD