Anderson Mazoka

político zambiano

Anderson K. Mazoka, nado en Monze o 22 de marzo de 1943 e finado en Xohanesburgo o 24 de maio de 2006, foi un político zambiano, presidente do Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional (UPND), un dos principais partidos do país. Foi candidato presidencial nas eleccións xerais de 2001, na que obtivo o segundo lugar.

Infotaula de personaAnderson Mazoka
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata
Monze, Zambia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 2006 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeZambia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUnion College (–1969) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Unido para o Desenvolvimento Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMutinta C. Mazoka

Vida editar

Mazoka naceu en Monze. Asistiu á Union College en 1969, onde se graduou en enxeñaría mecánica. Na súa tese de grao, Mazoka deseñou e construíu un túnel aerodinámico en tan só 10 semanas. O túnel, cuxa construción chamou a atención dos medios de comunicación, encheu o soto da Facultade de Ciencias e Enxeñaría e estivo en uso durante tres décadas.[1]

Nas eleccións presidenciais realizadas o 27 de decembro de 2001, quedou en segundo lugar co 26.76 % dos votos, sendo derrotado por Levar Mwanawasa, presidente do Movemento por unha Democracia Multipartidaria (MMD), quen obtivo o 28.69 % dos votos.

Mazoka faleceu o 24 de maio de 2006, debido a unha insuficiencia renal en Xohanesburgo, Suráfrica. Tiña 63 anos. Foi sucedido como presidente do UPND por Hakainde Hichilema.[2]

Estivo casado con Christine Mutinta e tiveron tres fillos biolóxicos: Mutinta, Pasina, Anderson Jr., e dous adoptivos: Machenje e Lundu.

Notas editar

  1. "Mazoka '69, former Zambian presidential candidate, dies". Union College. 2 de xuño de 2006. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  2. "Hichilema, novo presidente de Zambia" (Nota de prensa). Consultado o 20 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar