Juventudes Socialistas Unificadas

As Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) foron unha organización política xuvenil española fundada en marzo de 1936, logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 (durante a Segunda República Española), como resultado da fusión da Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE) do Partido Comunista de España (PCE) e a Federación de Juventudes Socialistas (FJS) do PSOE. Coa derrota da República moitos cadros da JSU exiliáronse e os que permaneceron en España sufriron unha forte represión. Progresivamente, foron languidecendo durante a década de 1950 ata a súa definitiva desaparición en 1961.

Juventudes Socialistas Unificadas
Logo
Tipoorganización xuvenil e juventude partidária
IdeoloxíaMarxismo
Data de fundación5 de abril de 1936
Data de disolución1961
Nº de membros250.000 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antecedentes editar

A Federación de Juventudes Socialistas (FJS) experimentou un avance espectacular a partir da proclamación da Segunda República Española o 14 de abril de 1931. En decembro de 1929 dicía contar con só 2 697 afiliados pero en febreiro de 1932, cando celebrou o seu IV Congreso, xa alcanzara os 12 000 militantes e pasou dos 20 000 en abril de 1934, cando celebrou o seu V Congreso. «Converteuse así nunha das organizacións políticas que contaba con máis afiliados, e a máis importante numericamente entre as organizacións xuvenís obreiras».[1]

Logo da proclamación da República non lle sucedeu o mesmo á UJCE debido a que «os ataques á política republicana e a defensa dunha revolución de tipo soviético illaron en 1931 aos comunistas españois» e a que o mantemento da política de «clase contra clase» acordada no VI Congreso da Internacional Comunista (1928) levounos ao enfrontamento contra as outras forzas obreiras: o PSOE, que durante o primeiro bienio formou parte do goberno en coalición cos republicanos de esquerda, e a CNT. Para intentar saír do illamento político no que se encontraba a UJCE intentou infiltrarse noutras organizacións e atraer aos numerosos mozos parados. En xuño de 1933 a UJCE dicía contar con algo máis de 11 000 militantes.[1]

A partir de 1933, e especialmente logo do triunfo do centro dereita nas eleccións de novembro dese ano, comezou o proceso de radicalización dos socialistas españois no que a FJS se converteu na súa «punta de lanza», o que favoreceu o achegamento ás xuventudes comunistas da UJCE, aínda que ao principio non se produciu ningún resultado concreto debido ao seu desacordo en como formar a «fronte única xuvenil» (desde arriba como defendía a FJS, o desde abaixo, segundo a UJCE) e ás importantes diferenzas políticas e estratéxicas que aínda as separaban e que se puxeron de manifesto na reunión que mantiveron a finais de xullo de 1934.[2] O único positivo que saíu desta reunión foi o cesamento dos ataques mutuos e a colaboración en accións concretas (así o recomendou o periódico da FJS Renovación o 28 de xullo: que «nos casos de acción directa contra o fascismo se intelixencien localmente coas demais xuventudes obreiras»; pola súa banda a UJCE pediu aos seus militantes que apoiasen a venda de Renovación) aínda que a rivalidade no desapareceu en absoluto.[3]

O que achegou á FJS e á UJCE a partir do verán de 1934 foron as accións colectivas nas que participaron conxuntamente para facer fronte á «ameaza fascista» pero sobre todo foi o asasinato de dous membros das súas organizacións en enfrontamentos con falanxistas: Juanita Rico, membro da FJS, o 10 de xuño de 1934; e Joaquín de Grado, dirixente da UJCE, o 29 de agosto. O asasinato de Joaquín de Grado produciuse un día despois de que o goberno radical-cedista de Ricardo Samper aprobara un decreto no que se prohibía a militancia política aos menores de 16 anos e aos de menos de 23 sen o consentimento dos seus pais. Dous meses antes, logo do asasinato de Juanita Rico, aprobara outro decreto que prohibía «os grupos en formación con insignias, bandeiras, emblemas» en Madrid e arredores.[4]

O enterro de Gago o 31 de agosto constituíu un punto de inflexión no achegamento entre a FJS e a UJCE. Ambas organizacións, xunto coas Juventudes Libertarias, fixeron un chamamento conxunto para que se asistise ao seu enterro como «homenaxe a todos os militantes obreiros asasinados». Durante o acto desfilaron conxuntamente as xuventudes socialistas e comunistas uniformadas e encabezaron o cortexo dirixentes de ambas organizacións (os discursos os pronunciaron membros da UJCE pero tamén interveu un militante das xuventudes socialistas de Madrid). Despois desa data foron aumentando os actos convocados conxuntamente polas dúas organizacións. O 14 de setembro celebraron un en protesta polo decreto do goberno que limitaba a militancia xuvenil, no que tamén interviron dirixentes do PSOE e do PCE.[5]

Na folga xeral revolucionaria de 1934 as dúa organizacións xuvenís tiveron unha participación moi importante (chegouse a dicir que a xuventude fora «a vangarda do proletariado en Octubro»). Logo do seu fracaso representantes da FJS e da UJCE reuníronse en Madrid o 1 de novembro. A FJS informou dun manifesto que elaborara no que se facía un chamamento a reconstituír a unidade do movemento xuvenil internacional sobre novas bases e a que todas as organizacións xuvenís obreiras políticas (é dicir as do PCE, da ICE y do BOC) ingresaran na FJS para lograr así unha única organización xuvenil. Xustificábao dicindo que a FJS estaba «en mellores condicións que calquera outra forza para realizar a unidade no noso seo» e que nela «non queda nin unha fracción reformista». Pero no se chegou a ningún acordo, excepto o de potenciar as Alianzas Obreiras que se formaran en Outubro.[6]

En 1935 a radicalización da FJS continuou e apoiou incondicionalmente á esquerda socialista revolucionaria encabezada por Francisco Largo Caballero fronte ao sector "centrista" reformista liderado por Indalecio Prieto (só un sector minoritario da FJS apoiaba as posicións deste último e opúñase á «bolchevización» del PSOE)[7]. En marzo fixo público un manifesto no que ratificaba «o seu fervente desxeo de seguir loitando polo triunfo da ditadura do proletariado, levando a súa combatividada ata aniquilar a fracción reformista dentro das Juventudes e do Partido», á que facía responsable do fracaso de Octubre. Chegou a propoñer a «depuración» do PSOE coa «expulsión do reformismo e a eliminación do centrismo na dirección». Así mesmo opúxose a formar unha coalición electoral cos republicanos de esquerda e defendeu, ao igual que o sector caballerista, as Alianzas Obreiras como «organismos que preparasen a insurrección». A FJS consideraba ao PSOE como «o partido bolchevique do noso país» (polo que o PCE debía integrarse nel) e, por tanto, o único co que tiña que tratar a Internacional Comunista.[8]

Por outra banda, continuaron o labor propagandístico e as accións conxuntas da FJS e a UJCE que na súa maioría tiñan como obxecto denunciar a represión e as «ameazas fascistas» e esixir a amnistía dos encarcerados pola Revolución de Outubro (cando se celebrou o seu primeiro aniversario subscribiron un manifesto común). Destacouse que a convivencia na cadea de dirixentes da FJS como Santiago Carrillo e Carlos Hernández Zancajo, e da UJCE como Trifón Medrano e Jesús Rozado, contribuíu de forma notable ao achegamento entre as dúas organizacións. Tamén constituíu un paso importante a constitución en xullo da «Unión de Estudiantes Antifascistas» integrada polos estudantes socialistas e comunistas membros da Federación Universitaria Escolar (FUE). Ao mesmo tempo a FJS foi adoptando símbolos, mobilizacións e consignas comunistas, como a conmemoración da Revolución bolxevique e dos aniversarios da morte de Lenin, de Karl Liebknecht e de Rosa Luxemburgo.[9]

O proceso de confluencia viuse facilitado pola resolución do VII Congreso da Internacional Comunista (ou III Internacional) celebrado en Moscova en agosto de 1935 que poñía fin á doutrina do «socialfascismo» e que avogaba pola formación de Frontes Populares antifascistas integrados por comunistas, socialistas e forzas «burguesas» democráticas. Só un mes despois as Juventudes Socialistas de Valencia xa pedían que se activaran «as conversas para chegar a unha intelixencia coa III Internacional» e que a FJS «se dirixa aos camaradas comunistas expoñéndolles a conveniencia de reunir ou fundir nun so organismo nacional xuvenil os actuais», aínda que seguiron opoñéndose á coalición cos republicanos de esquerda (Santiago Carrillo nunha carta a Margarita Nelken escrita desde o cárcere dixéralle que sen «a fronte previa da clase obreira» non podía «haber unha alianza coa burguesía»).[10] A finais de setembro e principios de outubro celebrouse o VI Congreso da Internacional Juvenil Comunista (IJC) ao que asistiu como delegado da FJS José Laín, que estaba exiliado en Moscova dende a Revolución de Outubro.[11] En novembro era a Juventud Socialista Madrileña a que defendía a entrada na Internacional Comunista, o que implicaba a ruptura coa IOS, que non se tiña solidarizado cos socialistas españois a diferenza da axuda prestada pola URSS aos unitarios Comités de Axuda aos Presos. Segundo os mozos socialistas madrileños tiñan «desaparecido as causas que dificultaban o noso ingreso» —a subordinación das seccións nacionais a Moscova— e era «o único medio de consecución da unidade política [obreira] no noso país». Engadían que aceptaban plenamente «a organización da conquista do Estado sobre as bases da Revolución Rusa» (é dicir, a ditadura do proletariado).[12]

Historia e características editar

Fronte Popular editar

O 15 de xaneiro de 1936 constituíuse a Fronte Popular. O PSOE asinou o pacto tamén en nome da FJS que ata decembro do ano anterior no aceptara a coalición cos republicanos de esquerda. Logo de ser presionada pola á caballerista do PSOE, xustificou o seu cambio de posición pola «obriga de intentar saír a través dela [a vitoria nas eleccións] desta dolorosa situación» (en referencia á amnistía dos presos de Outubro), pero especificando que non renunciaba aos seus obxectivos: «revolución e ditadura do proletariado». O presidente da FSJ dende o congreso celebrado en abril de 1934 Carlos Hernández Zancajo e o vogal da súa executiva Leoncio Pérez foron os que máis resistencia opuxeron. O secretario xeral Santiago Carrillo foi máis flexible.[13] Nas eleccións xerais de febreiro, e logo duna dura e acendida campaña, a coalición de esquerdas obtivo a maioría de deputados nas Cortes, e empezou a aplicar o seu programa político. Había tempo se que se viña urxindo a unificación dos movementos xuveniles do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e do Partido Comunista de España (PCE), especialmente desexada polo líder socialista Francisco Largo Caballero.[14] O que Largo Caballero pretendía era incorporar as xuventudes comunistas nas xuventudes socialistas (que contaban con moitos máis militantes), como xa o fixera co pequeno sindicato comunista integrado na Unión General de Trabajadores (UGT) cuxa dirección ostentaba.[15] En marzo de 1936 delegacións de ambas organizacións xuveniles celebraron unha reunión na que acordaron as bases para a unificación, e a comezos de abril finalmente fusionáronse a Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE) e a Federación de Juventudes Socialistas (FJS), dando lugar ás novas "Juventudes Socialistas Unificadas" (JSU).[16] As bases de unificación aprobadas pola FJS e a UJCE en marzo non contiñan ninguna referencia á Fronte Popular. De feito durante o proceso de unificación a nivel local e rexional xurdiron tensións en ocasións porque os mozos socialistas, como os de Valencia, atacaban ao goberno e rexeitaban o mantemento da Fronte Popular (seguían insistindo na formación das Alianzas Obreiras para a toma do poder), do que se queixaron os mozos comunistas á Comisión Nacional de Unificación.[17] O domingo 5 de abril de 1936 tivo lugar o «mitin de unificación proletaria», o primeiro acto público da renovada organización xuvenil, na praza de toros de Las Ventas de Madrid. Máis de 6 000 mozos uniformados desfilaron ordenadamente polo redondel da praza. A continuación tomou a palabra Largo Caballero, que presidiu o acto. Tamén falou un representante comunista e o secretario xeral da nova organización.[18] Entre as palabras que Largo Caballero pronunciou, destacaron as seguintes (ao final do seu discurso recomendou serenidade á saída do acto, para evitar -dixo- as provocacións):[18]

Para los nuevos regímenes hay que verter sangre, pues los seres que nacen sin dolor son raquíticos.

Porén, coa JSU ocorreu xusto o contrario do que pretendía Largo Caballero —que era absorber ás xuventudes comunistas coa vista posta na integración do PCE para formar o "partido único do proletariado" baixo dirección socialista— pois a JSU caeu na órbita comunista debido a que o grupo que dirixía as Juventudes Socialistas, e en primeiro lugar o seu secretario xeral, Santiago Carrillo, estábanse pasando ao PCE, o que formalizaron nada máis iniciada a guerra civil española. Tiñan asumido a estratexia formulada pola Internacional Comunista de formar un "único partido do proletariado" pero baixo dirección comunista.[15] Así o manifestou Santiago Carrillo nun discurso pronunciado aos mozos da nova organización no momento da unificación:[19]

Nosotros, al ir a Moscú a concertar con la Internacional Juvenil Comunista las bases de la unidad de las Juventudes Socialistas y Comunistas de España, no hacíamos más que cumplir el testamento que nos legaron los héroes de la juventud comunista y socialista que lucharon y derramaron su sangre en Asturias durante los combates de octubre. [...] Se decía que los jóvenes eran la vanguardia de la revolución. Y esto es completamente falso. No hay más vanguardia revolucionaria que el Partido Bolchevique, que crearemos con la unión de la izquierda del Partido Socialista y el Partido Comunista.

As bases acordadas polas dúas delegacións coa dirección da Internacional Juvenil Comunista (IJC) en Moscova eran no esencial: Defensa diaria dos intereses da xuventude traballadora; educación no marxismo-leninismo e o internacionalismo proletario; e capacitación dos mozos obreiros para fortalecer e desenvolver a organización e loitar na vangarda da xuventude, agrupándoa contra o fascismo e pola vitoria do socialismo.

Pouco despois de que se fundara a JSU, en Barcelona fundáronse as Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña (JSUC), que co tempo se converteu na sección catalá das JSU. Uns meses despois as JSUC pasaron a estar emparentadas co Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC), creado en xullo de 1936.

No ámbito exterior, a JSU ingresou na Internacional da Xuventude Socialista (IXS) cunhas condicións previas encamiñadas ao achegamento entre a Internacional Juvenil Comunista (IJC) e a IJS. Pero a pesar do ingreso da JSU na IXS, as relacións coa IJC, lonxe de diminuír, intensificáronse. Para a Internacional Comunista, a experiencia unitaria da JSU en España converteuse nunha referencia para as perspectivas de absorción da IJS pola IJC.

As Juventudes Socialistas Unificadas en Galicia editar

En Galicia contaron co periódico de Ferrol ¡Alerta! como órgano de propaganda.

Guerra civil editar

Durante o período previo ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 moitos membros das JSU estiveron adscritos á Milicias Antifascistas Obreras y Campesinas (MAOC),[20] a milicia paramilitar creada polo PCE, na que recibiron adestramento militar básico. Xa na contenda, moitos antigos militantes das JSU formaron os cadros militares do Exército Popular da República.

Logo do comezo da guerra, as JSU iniciaron un período de forte crecemento (chegando a agrupar preto de 250.000 afiliados poucos meses despois de iniciada a guerra) que se combinou cunha actividade política e nunha importancia crecentes na organización militar do Goberno republicano: chegaron a formar os seus propios batallóns entre as forzas leais á República, que posteriormente se distinguiron particularmente na defensa de Madrid.[21] As achegas da JSU tamén foron claves na conformación do Exército Regular Popular e na coordinación xuvenil. Un número significativo dos seus membros chegaron a integrarse no chamado "Quinto Regimiento".[22] Antigos militantes da JSU, como foi o caso de Manuel Tagüeña, posteriormente convertíronse en destacados oficiais do Exército Popular da República (Tagüeña chegou a mandar o XV Corpo de Exército).[23]

Por outra banda, a influencia comunista sobre a organización foi cada vez maior. Varios meses despois da fundación da JSU e despois do comezo da guerra, boa parte da dirección das xuventudes, incluíndo ao seu entón Secretario Xeral, Santiago Carrillo, afiliáronse ao PCE.[14] Que as JSU se converteron en realidade nas xuventudes do PCE comprobouse na «Conferencia Nacional de la Juventud» que se celebrou en Valencia en xaneiro de 1937, e que veu substituír o Congreso Nacional de Unificación previsto nos acordos de marzo de 1936 e que nunca chegou a celebrarse debido á guerra. Nesa Conferencia «fixouse a política e forma de organización que, con escasas variacións, a JSU mantivo durante toda a guerra» e que coincidía coa política defendida polo PCE.[24] Así aprobouse continuar coa estratexia frentepopulista de defensa da república democrática e de abandono do obxcetivo inmediato de establecer unha república socialista («a revolución faise nestes momentos acatando a autoridade única do goberno da Fronte Popular», acordouse) e a JSU definiuse como «xuventude gobernamental», «a xuventude que loita por soster o goberno», «que está disposta a facer todos os sacrificios para que o Goberno obteña rapidamente a vitoria», «porque mentres antes no goberno estaban os inimigos da liberdade do pobo», agora estaban «os auténticos, os verdadeiros representantes das masas populares españolas». «Os que combaten ao goberno da Fronte Popular son os nosos inimigos».[25]

As teses aprobadas na Conferencia de Valencia non foron aceptadas polo sector socialista caballerista da organización, con Carlos Hernández Zancajo á fronte, que acusou á dirección da JSU de acabar co «espírito marxista» e co carácter obreiro da organización e reclamou a volta á estratexia revolucionaria da FJS anterior á unificación. Os caballeristas consideraban que o aprobado en Valencia supuña que a JSU «deixa de ser marxista, deixa de ser revolucionaria, deixa de loitar contra a burguesía e deixa apartada a ditadura do proletariado». Zancajo, para quen «a revolución é carne da guerra» e «a guerra está fundida co proceso revolucionario», chegou a afirmar que se se tivera formado unha «fronte obreiro», en lugar dunha Fronte Popular, «teríanse dado as cosas no noso país dotra* xeito».[26]

En agosto de 1937 creouse a Alianza Juvenil Antifascista, formada pola xuventude de Unión Republicana (UR), a xuventude de Izquierda Republicana (IR), a xuventude de Izquierda Federal, a UFEH, a Juventud Sindicalista, as Juventudes Libertarias (JJLL) e as JSU. No outono de 1938, distintos sectores socialistas, desconformes coa influencia cada vez maior que exercían os comunistas sobre a JSU, cuestionaron o carácter unitario da organización e intentaron atraela ao campo de influencia do PSOE.

Posguerra editar

Trala derrota na guerra, en 1939, a JSU se vio sometida, como el resto de organizacións republicanas, á persecución, o encarceramento e o fusilamiento dos seus militantes e cadros por parte das novas autoridades franquistas. Miles de mozos españois, moitos da JSU, pasaron aos campos de concentración do norte de África e de Francia: nestes anos a organización formuluse como obxectivo prioritario salvar da represión aos mozos, amais de participar activamente na loita guerrilleira en España a través, por exemplo, das súas duass divisiónes do maquis.

En outubro de 1945 constituiuse en Londres a Federación Mundial de la Juventud Democrática (FMJD), que agrupou a organizacións xuvenís de 63 países. As JSU foron unha das organizacións fundadoras, e alentaron a outras organizacións da esquerda española antifranquista a adherirse.

Desintegración editar

Desde os últimos meses da guerra, na rama máis próxima ao PSOE empezaron a formularse a necesidade de desvincularse da JSU, cada vez máis influenciada polo PCE. Xa o 10 de marzo de 1939, vinte días antes da fin oficial da contenda, formouse en Madrid un embrión de recuperación da Juventud Socialista de España. A celebración en Francia do I Congreso da Juventud Socialista de España (JSE) trala guerra supuxo o inicio do abandono socialista das JSU, que se iría consolidando durante a década de 1950 mediante o restablecemento e fortalecemento por parte do PSOE da súa propia organización xuvenil, a JSE.

Ao abandono socialista sumaríase a progresiva integración de cadros da JSU no Partido Comunista de España, aumentando máis aínda a influencia e dominio deste sobre a organización.

Finalmente, en outubro de 1961 o propio Comité Central do PCE liquidou formalmente a JSU ao apostar pola reconstitución do seu propio movemento xuvenil, a Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE), que se mantén en vigor ata hoxe.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Souto 2010, p. 61.
  2. Souto 2010, p. 62-63"No hubo acuerdo en los objetivos que debía tener un frente único (lucha antifascista para los comunistas y conquista del poder político según los jóvenes socialista); su misma composición (la UJCE defendía la participación de las juventudes republicanas y rechazaba que estuvieran las organizaciones juveniles que consideraba trotskistas -las juventudes de la Izquierda Comunista de España (ICE) y del Bloc Obrer i Camperol (BOC)-); el papel de las luchas parciales (que los comunistas defendía como medio de concienciar a las masas y los socialistas consideraban un desgaste de fuerzas); o en cuál debía ser el órgano dirigente de una futura revolución (los soviets, para la UJCE, en un simple traslado de la experiencia rusa; las Alianzas Obreras, para la FJS)"
  3. Souto 2010, p. 63.
  4. Souto 2010, p. 64-65.
  5. Souto 2010, p. 65-66.
  6. Souto 2010, p. 66-67.
  7. Souto 2010, p. 76.
  8. Souto 2010, p. 68.
  9. Souto 2010, p. 70-72.
  10. Souto 2010, p. 72-73.
  11. Souto 2010, p. 72.
  12. Souto 2010, p. 74-75.
  13. Souto 2010, p. 76-77.
  14. 14,0 14,1 Paul Heywood (1990). El marxismo y el fracaso del socialismo organizado en España, 1879-1936, pág. 283
  15. 15,0 15,1 Ranzato 2014, p. 163.
  16. Ramón Tamames (1974). Historia de España Alfaguara VII. La República. La Era de Franco. Madrid: Alianza Editorial, pág. 237
  17. Souto 2010, p. 78.
  18. 18,0 18,1 "Socialistas y comunistas". El Defensor de Córdoba. 6 de abril de 1936. p. 3. 
  19. Ranzato 2014, p. 163-164.
  20. Helen Graham (2002). The Spanish Republic at War 1936-1939, Cambridge University Press, páx. 148
  21. Paul Preston (2006) [1986]. The Spanish Civil War: Reaction, Revolution, and Revenge, pág. 117
  22. Michael Alpert (2007). The Republican Army in the Spanish Civil War, 1936–1939, páx. 45
  23. Paul Preston (2006) [1986]. The Spanish Civil War: Reaction, Revolution, and Revenge, pág. 288
  24. Souto 2010, p. 78-79.
  25. Souto 2010, p. 79.
  26. Souto 2010, p. 80.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ranzato, Gabriele (2014). El gran miedo de 1936. Cómo España se precipitó en la Guerra Civil [La grande paura del 1936: Come la Spagna precipitò nella Guerra Civile]. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9060-022-1. 
  • Souto, Sandra (2010). "Las organizaciones juveniles: entre el frentepopulismo y el izquierdismo socialista". En Manuel Ballarín y José Luis Ledesma. La República del Frente Popular. Reformas, conflictos y conspiraciones. Ponencias del IV Encuentro “Historia y Compromiso” (Zaragoza, diciembre de 2008). Zaragoza: Fundación Rey del Corral de Investigaciones Marxistas. pp. 59–82. ISBN 978-84-613-6121-2. 
  • Viñas, Ricard (1978). La formación de las Juventudes Socialistas Unificadas (1934-1936). Ed. Siglo XXI: Madrid. ISBN: 84-323-0298-8

Outros artigos editar