Ferdinand Lassalle

Ferdinand Lassalle, nado como Ferndinand Johann Gottlieb Lassal en Breslau o 11 de abril de 1825 e finado en Carouge (Suíza) o 31 de agosto de 1864, e c tamén coñecido como Ferdinand Lassalle-Wolfson, foi un xurista, filósofo e activista político socialista alemán.

Infotaula de personaFerdinand Lassalle

(1860) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ferdinand Johann Gottlieb Lassal Editar o valor em Wikidata
11 de abril de 1825 Editar o valor em Wikidata
Wrocław Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1864 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Carouge, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio
duelo, ferida por arma de fogo (Bossey) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOld Jewish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Associação Geral dos Trabalhadores Alemães (pt) Traducir
23 de maio de 1863 – 31 de agosto de 1864 (finado no cargo)
← sen valor – Bernhard Becker (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia política, economía, filosofía e practice of law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , avogado , economista , político , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAssociação Geral dos Trabalhadores Alemães (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoSocialismo democrático Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisHeyman Lassal Editar o valor em Wikidata  e Ro­sa­lie Heiz­feld (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrederike Lassal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Ferdinand Lassalle en 1860

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

 
Lassalle en 1835

Lassalle naceu nunha familia xudía na cidade de Breslau, daquela na provincia prusiana de Silesia. Seu pai Heyman Lassal era un comerciante de seda e pretendía que seu fillo seguise no negocio familiar, polo que o enviou á escola comercial de Leipzig[1]. Non obstante ao pouco tempo pasou á universidade, primeiro na Universidade de Breslau e máis tarde á de Universidade Federico Guillerme de Berlín[2], onde  estudou filoloxía e filosofía converténdose en devoto do sistema filosófico de Georg Hegel e tomou a súa idea de Estado, unha unidade de individuos nunha orde ética total, que multiplica a forza de todos os individuos por millóns, e que despois transferiu á socialdemocracia alemá. As lecturas de Hegel, Ludwig Börne e Heinrich Heine foron fundamentais para asumir as ideas democráticas e socialistas durante a súa etapa universitaria. Lassalle pasou os exames universitarios con distinción en 1845 e, posteriormente viaxou a París para escribir un libro sobre Heráclito[2].

De volta en Berlín traballou no seu libro, Lassalle coñeceu a condesa Sophie von Hatzfeldt , muller de algo máis de corenta anos que levaba separada de seu home moitos anos pero tiña litixios con el polas propiedades da parella. Lassalle ofrecuese á causa da condesa, Lassalle primeiro retou ao conde a un duelo pero non aceptou[3]. A batalla legal durou oito anos e Lassalle defendeu os intereses da condesa en 36 tribunais diferentes [4], finalmente chegouse a un acordo, logrando a condesa unha parte importante da fortuna, en gratitude accedeulle a pagar a Lassalle unha renda anual de 5.000 táleros o resto da súa vida.[5]

A revolución de 1848 e as súas consecuencias editar

Lassalle foi un socialista comprometido dende novo. Durante a revolución alemá de 1848 leu O manifesto comunista e o Neue Rheinische Zeitung, para o que tamén escribiu algún artigo e falou en reunións públicas en favor da causa revolucionara democrática e exhortou os cidadáns de Düsseldorf para prepararse para a resistencia armada, pola violencia que se esperaba tras a decisión do goberno prusiano de disolver a Asemblea Nacional.[6] Pola súa participación nesta actividade detivérono, e acusárono de incitar á oposición armada ao Estado[5]. Así a todo a xustiza absolveuno dese cargo, pero permaneceu na cadea por un cargo menor, o de incitar á resistencia contra oficiais públicos polo que cumpriu seis meses de prisión.

Coa prohibición de residir en Berlín ao saír do cárcere, mudouse a Renania, converténdose nun dos poucos líderes revolucionarios que non marcharon ao exilio fóra de Alemaña. Rematou a súa obra sobre a filosofía de Heráclito en 1857 que publicou en dous volumes no ano seguinte. A reacción ao libro foi diversa; algúns declararon o traballo seminal mentres outros, incluíndo Karl Marx, considerouno unha simple recitación dos aximoas de Hegel. Pero mesmo os detractores do libro admitiron o alcance do traballo, e deulle un lugar entre os intelectuais alemáns.

Lasalle desexaba vivir en Berlín, e en 1859, malia aprohibición, volveu disfrazado como un condutor de tren.[7] Lassalle apelou ao seu amigo,  Alexander von Humboldt, para  que intercedese no seu nome ante o rei, a rescindir a prohibición e permitirlle o seu retorno.[7] O recurso foi un éxito e as autoridades autorizárono a vivir oficialmente na capital prusiana.[7] Deixou a práctica legal e a filosofía en favor do teatro, foi autor da obra Franz von Sickingen. Eine historische Tragödie escrita en 1858[8] que enviou de xeito anónimo ao Teatro Real, mais tras rexeitala pulicouna co seu nome en 1859[9], excesivamente oratoria resultaba irrepesentable[10]. Lassalle rexeitou as actividades revolucionarias [7]. Converteuse en comentarista político, e escribiu un pequeno libro sobre a guerra en Italia, Der italienische Krieg und die Aufgabe Preußens, no que advertía a Prusia contra a axuda apresurada ao Imperio Austríaco na súa guerra con Francia e tamén avogaba por unha Prusia máis forte en Alemaña, o que criticaron Marx e Engels dende Londres.

En 1861 publicou en dous volumes unha grande obra sobre a teoría xurídica, co título de Das Systemder erworbenen Rechte[11] procurando establecer un marco legal e principio científico para dunha unha vez por todas determinar en que circunstancias, e ata que punto as leis podían ser retroactivas sen violar a idea de dereito en si" – é dicir, determinar as circunstancias en que as leis podían volverse retroactivas ao entraren en conflito con leis previamente establecidas[12].

Na décadas de 1850 e 1860, Karl Marx estivo en contacto regular con Lassalle. A súa relación foi superficialmente cordial, Marx mesmo estivo convidado na casa berlinesa de Lassalle durante algúns días en 1861, e no verán do ano seguinte Lassalle estivo en Londres e visitouno.

Activismo político editar

 
Otto von Bismarck, ministro presidente de Prusia, retratado na década de 1860.

En 1862 volveu á política activa, motivado polo debate constitucional en Prusia[11]. O novo rei Guillerme I, que asumira o trono o 2 de xaneiro de 1861, enfrontárase coa liberal Cámara dos Deputados, o que resultou en múltiples dissolucións da Dieta[11]. Como unha recoñecida autoridade legal, convidaron a Lassalle a discursos públicos relacionados coa a natureza da constitución e a súa relación coas forzas sociais dentro da sociedade.[13]

Nun discurso realizado en  Berlín o 12 de abril de 1862, e publicado posteriormente, titulado "Sobre a especial relación entre o presente período da historia e a idea da clase traballadora', máis tarde coñecido como o Programa dos traballadores ("Arbeiterprogramm"). Lassalle pretendía revivir o movemento obreiro alemán, enfatizando o papel dos traballadroes no progreso histórico, tamén asignou a primacía no seo da sociedade á prensa sobre o propio estado, como demostraba o resultado da revolución de 1848 – unha afirmación considerada como perigosa pola censura prusiana[14]. As autoridades requisaron os 3000 exemplares da tirada do folleto do discurso e emitiron unha acusación contra Lassalle por poñer en perigo a paz pública[14]. O xuízo celebrouse en Berlín o 16 de xaneiro de 1863[14], fíxose cargo da súa propia defensa e tivo unha ampla repercusión na prensa, sentenciado a catro meses de prisión e facerse cargo dos custos do xuízo[15], mais tras un recurso quedou nunha multa[15].

Lassalle axiña comezou unha nova carreira como axitador político, viaxando  por Alemaña, dando discursos e escribindo panfletos, nun intento de organizar e espertar a clase traballadora. Lassalle consideraba a Fichte como "un dos pensadores máis poderoso de todos os pobos e as idades" e nun discurso de maio de 1862 eloxiou a súa obra Reden an die deutsche Nation[16].

Aínda que Lassalle era membro da Liga dos Comunista, Karl Marx e Friedrich Engels opúxeronse á súa visión política, de feito Marx escribiu o ensaio Kritik des Gothaer Program en parte como reacción á concepción do estado socialista de Lassalle. Marx e Engels opinaban que Lassalle non era un verdadeiro comunista xa que directamente influenciou ao goberno de Bismarck, aínda que en segredo, en favor do sufraxio universal, entre outras cuestións. En febreiro de 1864 Lassalle escribiulle a Engels, alegando que aínda que fora republicano dende a infancia el izaría a bandeira da monarquía de se transfromar nunha monarquía social[17]

 
Hélène von Dônniges contra 1860

Como resultado, cando Lassalle creou a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns en Leipzig o 23 de maio de 1863, os seguidores de Marx non se uniron á nova organización. Lassale foi o primeiro presidente deste primeiro partido socialista alemán, posto no que se mantivo ata a súa morte o 31 de agosto de 1864. O punto central da organización era lograr o sufraxio universal, directo e igual por medios pacíficos e legais[18].

Relacións con Bismarck editar

O 11 de maio de 1863 Otto von Bismarck, ministro presidente de Prusia, iniciou  correspondencia con Lassalle. As cartas descubríronse en 1927[19]. A Lassalle chegoulle unha nota escrita a man, e os dous se atoparon cara a cara 48 horas despois[20]. Foi a primeira de varias xuntanzas entre os dous para intercambiaren puntos de vista sobre asuntos de interese común.

 
Lassalle ferido de morte

Morte editar

En Berlín, Lassalle coñece unha rapaza, Hélène von Dönniges, e acordan casar, mais o pai dela, o diplomático bávaro residente en Xenebra, non concorda con esta unión, e decidiu mantela recluída no seu cuarto, e acaba renunciando á súa unión con Lassalle, prometéndose con Iancu Racoviță (Iancou Racovitza), boiardo orixinario dos Principado de Romanía. Lassalle desafiou tanto ao pai de Hélène como Racoviță, e este aceptou O duelo celebrouse na mañá do 28 de agosto de 1864. Lassalle resultou ferido no abdome, e morreu tres días despois.

Notas editar

  1. Dawson, WH (1891), German Socialism and Ferdinand Lassalle, London: Swan Sonnenschein. p. 116
  2. 2,0 2,1 Dawson 1891, p. 116.
  3. Dawson 1891, p. 117.
  4. Dawson 1891, p. 118.
  5. 5,0 5,1 Dawson 1891.
  6. Dawson 1891, p. 120.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Dawson 1891, p. 125.
  8. Hartmut Henicke. "Arbeiterbewegung und Reformationsrezeption vom Vormärz bis zum Ersten Weltkrieg – Erkenntnisse und Grenzen", Arbeit – Bewegung – Geschichte, nº II/2017, pp. 86-106.
  9. Eduard Bernstein, Ferdinand Lassalle as a Social Reformer. London: Swan Sonnenschein, p.33}}
  10. Bernstein 1893, p. 33.
  11. 11,0 11,1 11,2 Dawson 1891, p. 127.
  12. Bernstein 1893, p. 80.
  13. Dawson 1891, p. 128.
  14. 14,0 14,1 14,2 Dawson 1891, p. 129.
  15. 15,0 15,1 Dawson 1891, p. 131.
  16. Rohan Butler, The Roots of National Socialism, 1783-1933 (London: Faber and Faber, 1941), p. 130.
  17. Butler, p. 134.
  18. Berlau, A Joseph (1949) The German Social Democratic Party, 1914–1921, New York: Columbia University Press, p. 22
  19. David Footman (1946) The Primrose Path: A Biography of Ferdinand Lassalle. London: Cresset Press, p. 175}}
  20. Footman 1994, p. 175.