Friedrich Engels
Friedrich Engels, nado en Barmen (Prusia) o 28 de novembro de 1820 e finado en Londres o 5 de agosto de 1895, foi un empresario, economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.
Friedrich Engels | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de novembro de 1820 |
Lugar de nacemento | Barmen e Wuppertal |
Falecemento | 5 de agosto de 1895 |
Lugar de falecemento | Londres |
Causa | cancro |
Nacionalidade | Reino de Prusia |
Etnia | Pobo alemán |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Berlín |
Ocupación | economista, científico social, political theorist, filósofo, escritor, revolucionario, sociólogo, activista polos dereitos das mulleres e xornalista |
Pai | Friedrich Engels |
Nai | Elisabeth Franziska Mauritia van Haar |
Coñecido por | Manifesto do Partido Comunista, Die deutsche Ideologie e Do Socialismo Utópico ao Socialismo Científico |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Engels naceu no seo dunha familia adiñeirada. A pesar disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para dedicarse a traballar de dependente. Porén, comezou a estudar de xeito autodidacta no tempo libre que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con Marx, a filosofía hegeliana exerce unha grande influencia sobre el. En 1842 coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepción das teorías revolucionarias e socialistas existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de economía política. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en A situación da clase obreira en Inglaterra, que publica en 1844. Neste mesmo ano trasládase a París, onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi próximas, lévaos a colaborar definitivamente a partir desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en 1883.
Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou A Sagrada Familia, A ideoloxía alemá e o Manifesto do Partido Comunista, obra de gran repercusión nos séculos XIX e XX.
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Friedrich Engels |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Friedrich Engels |