Darío Álvarez Limeses
Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1877 Pontevedra, España |
Morte | 30 de outubro de 1936 (58 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , médico |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | María Blázquez Ballester |
Fillos | Xosé María Álvarez Blázquez, Darío Álvarez Blázquez, Emilio Álvarez Blázquez, Álvaro Álvarez Blázquez |
Pai | Emilio Álvarez Giménez |
Irmáns | Xerardo Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses |
Traxectoria editar
Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Xerardo Álvarez Limeses, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, afincouse en Tui como médico en 1905. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerceu un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; dirixiu o semanario La Opinión e colaborou nos periódicos La Integridad, El Vencejo, La Correspondencia Gallega e El Pueblo Gallego. Casou con María Blázquez Ballester o 15 de xuño de 1907 coa que tivo seis fillos, todos homes: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).
Na Segunda República foi membro da Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.
Galería de imaxes editar
-
Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).[2]
-
Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[2]
Notas editar
- ↑ Bernárdez, Carlos L. (2008). Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez. Galaxia. ISBN 978-84-9865-053-2.
- ↑ 2,0 2,1 "Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de maio de 2017.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darío Álvarez Limeses |
Bibliografía editar
- Álvarez Blázquez, Darío (2005). "Álvarez Limeses, Darío". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 45.
- "Álvarez Limeses, Darío". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 42.
Ligazóns externas editar
- Darío Álvarez Limeses na páxina web Nomes e Voces.