Álvaro Negredo

futbolista español

Álvaro Negredo Sánchez, nado en Madrid o 20 de agosto de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Cádiz CF da Liga Santander . É alcumado "El tiburón de Vallecas"[Cómpre referencia]. Xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Eurocopa de 2012[1] e foi convocado para xogar os partidos de clasificación para o Mundial de 2010.

Infotaula de personaÁlvaro Negredo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Álvaro Negredo Sánchez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTiburón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Peso87 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2003-2005 Rayo Vallecano de Madrid B 40(28)
2004-2005 Rayo Vallecano de Madrid 12(1)
2005-2007 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 65(22)
2007-2009 Unión Deportiva Almería 70(32)
2009-2009 Real Madrid Club de Fútbol 0(0)
2009-2013 Sevilla Fútbol Club 139(70)
2013-2015 Manchester City 32(9)
2014-2015cesión Valencia Club de Fútbol 30(5)
2015-2017 Valencia Club de Fútbol 25(5)
2016-2017cesión Middlesbrough FC 36(9)
2017-2018 Beşiktaş JK 35(9)
2018-2020 Al-Nasr Sports Club (pt) Traducir 36(25)
2020-2024 Cádiz Club de Fútbol 97(16)
2024- Real Valladolid Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2006-2006   Selección de fútbol sub-21 de España 1(0)
2009-2013   España 21(10) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 Editar o valor em Wikidata

Twitter: AlvaroNegredo10 FIFA: 317032 UEFA: 101672 Editar o valor em Wikidata

Carreira profesional editar

Inicios editar

Negredo comezou a xogar ao fútbol en Vallecas e axiña ingresou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano. En 2004 foi ascendido o primeiro equipo e disputou a Segunda división B, categoría que disputaba o club vallecano naquel intre.

No verán de 2005 foi fichado polo Real Madrid C.F. para incorporalo a súa filial Real Madrid Castilla, da Segunda división. O seu debut coa camiseta do filial madridista foi na final do Trofeo Teide, que acabou con vitoria por 2-1. Na súa primeira tempada non disputou moistos partidos, debido a que Roberto Soldado era dianteiro centro titular, pero coas constantes convocatorias do valencián o primeiro equipo comenzouse a facer un oco no once titular.

Na tempada 2006-07 Álvaro Negredo foi fixo no once do Castilla e tivo un torneo destacado, pese a que o seu equipo descendeu a Segunda B, ao converterse nun dos goleadores da competición e o máximo artilleiro do Castilla con 18 tantos.O seu desempeño chamou a atención do italiano Fabio Capello, adestrador do primeiro equipo, que o convocou para algúns partidos da Copa do Rei.

U.D. Almería editar

En xulio de 2007 é contratado polo UD Almería da Primeira división, gardándose o Madrid unha opción de recompra máxima de dous anos. O 26 de agosto de 2007 debuta na Primeira División na vitoria ante o Deportivo da Coruña por 3-0 marcando o primeiro gol da tempada para o conxunto vermellibrancos. O 2 de febreiro de 2008 fixo un dos dous goles cos que o seu equipo venceu o seu exequipo Real Madrid, o líder da competencia nese momento. O 19 de abril marcoulle en dúas ocasions o Sevilla F. C. na vitoria dos vermellibrancos 4-1 en su visita o Sánchez Pizjuán. Na súa primeira tempada cos andaluces marcou 13 goles, deixando os almerienses na oitava posición.

Xa na segunda tempada, en febreiro de 2008 marcoulle un par de goles o Valencia C.F. a pesar da derrota do seu equipo por 3-2 na súa visita o Mestalla. Para o 19 de abril volveu a marcar un dobrete fronte o Osasuna cando vencen o cadro vermello por 2-1. A segunda campaña concluíu como un dos máximos anotadores da liga con 19 tantos, aínda que o seu club tivo un retroceso ao acabar na posición décimo primeira.

Sevilla F.C. editar

Ao finalizar a súa segunda tempada co Almería, o Real Madrid exerceu a opción de recompra que gardaba por un prezo estimado de 5 millóns de euros. O 20 de agosto do 2009 o Sevilla F. C. chegou a un acordo co Real Madrid e fichou ao futbolista cun contrato de 5 anos.[2] Os detalles da operación non foron dados a coñecer polos clubs, pero a prensa sinalou que foi próxima aos 15 millóns de euros,[3] a fichaxe máis cara da historia sevillista, cunha cláusula de 80 millóns de euros. Acabou a tempada 2009-2010 marcando 15 goles.[4]

Selección nacional editar

O 6 de outubro de 2009 Negredo é convocado por Vicente del Bosque a Selección de fútbol de España para disputar os partidos de clasificación á Copa Mundial de Fútbol de 2010 en contra da Armenia e Bosnia e Herzegovina. No partido contra Armenia, Negredo fai o seu debut, o entrar de cambio no segundo tempo por Fernando Torres. Nese partido España imponse por 2-1. No seguinte partido contra Bosnia e Herzegovina, Negredo anota o seu primeiro dobrete coa selección. Nese partido España imponse por 2-5.

O 20 de maio de 2010, pese a ser preconvocado para o Mundial de Suráfrica 2010, o seleccionador español decide deixalo fóra da lista definitiva para o torneo.

Clubs e estadísticas editar

Última actualización: 24 de novembro de 2010

Club Tempada A Liga Copa Champions League Europa League Total
xogados Goles xogados Goles xogados Goles xogados Goles xogados Goles
Rayo Vallecano 2004/05 12 1 - - - - - - 12 1
Real Madrid Castilla 2005/06 25 4 - - - - - - 25 4
2006/07 40 18 - - - - - - 40 18
UD Almería 2007/08 36 13 2 0 - - - - 38 13
2008/09 34 19 1 0 - - - - 35 19
Sevilla F.C. 2009/10 34 11 6 2 7 1 - - 47 14
2010/11 12 5 1 2 - - 3 1 16 8
Total en Primeira 116 48 10 4 7 1 3 1 129 54
Total na súa carreira 193 69 10 4 7 1 3 1 213 77

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Copa do Rei Sevilla FC España 2010

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Trofeo Zarra 2011

Notas editar

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe la historia". 
  2. "O Sevilla FC e o Madrid alcanzan un acordo para a incorporación de Negredo a Nervión". SevillaFC.es. Arquivado dende o orixinal o 27-08-2009. Consultado o 21-8-2009. 
  3. "Negredo xa é xogador do Sevilla". As.com. Consultado o 22-8-2009. 
  4. "Negredo ten cláusula de crack: 80 millones". As.com. Consultado o 25-8-2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar