Pier Maria Baldi: Diferenzas entre revisións

pintor e arquitecto florentino
Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
tradución e adaptación de es:Pier Maria Baldi
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2020 ás 20:44

Pier Maria Baldi, nado en Florencia en 1630 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1686, foi un arquitecto e pintor barroco italiano, acompañante de Cosme de Médici, na viaxe que realizou polos Países Baixos, Francia e a Península Ibérica, incluída Galiza, entre 1668 e 1669, da cal deixou un rico conxunto de debuxos con vistas panorámicas das cidades e lugares polos que pasou.

Infotaula de personaPier Maria Baldi
Biografía
Nacemento1630 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1686 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , arquitecto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Seguidor e quizais discípulo de Baldassare Franceschini, chamado il Volterrano, gozou da protección dos Médici. En 1667 o gran duque Fernando II de Médici escribiu a Gian Lorenzo Bernini recomendando a Baldi, a quen presentaba coma mozo florentino «assai ben avanzato nel disegno en el colorito», para que o axudase nos estudos de pintura e arquitectura que se propuña realizar en Roma.[1] Un ano despois viaxou pola Península Ibérica e Francia no séquito de Cosme de Médici, herdeiro do Gran Ducado de Toscana. Baldi debuxou á augada sepia vistas panorámicas de cada unha das poboacións en que parou a comitiva para acompañar o relato da viaxe, redactado por Lorenzo Magalotti. Conservados en dous volumes gardados na Biblioteca Mediceo-Laurenciana de Florencia, os rápidos esbozos de Baldi, nos cales se evidencia a súa formación como arquitecto, superan en realismo e capacidade descritiva a narración oficial da viaxe realizada por Magalotti.[2]

No que respecta a Galiza, Antonio Bonet Correa salienta o carácter excepcional que teñen as súas vistas das cidades galegas, sendo as acuarelas de Baldi os únicos testemuños debuxados ou pintados que se conservan da Idade Moderna.[3] Alén disto, Baldi foi un dos primeiros autores que representou o escudo de Galiza coa cruz de Santiago acolada, fórmula que perdurou até o século XX.[4]

 
Cidade de Tui, acuarela de Pier Maria Baldi, 1669.
Embaixo á esquerda debúxase o propio artista esbozando en vivo.

Son estes debuxos o máis salientábel da súa obra, na realidade escasa e mal coñecida. En 1680 foi nomeado capataz das obras granducais en Pisa e Livorno, mais do seu traballo como arquitecto tan só se coñece a construción dunha fonte monumental deseñada por el na praza de Santa Croce de Florencia, remodelada no século XIX. Da súa pintura, perdido o retrato do cardeal Leopoldo de Médici do cal hai rexistro documental, resta a pintura dun altar coa Virxe do Rosario e santo Domingo na igrexa suprimida de Santo Domingo al Maglio e un fresco co bautismo de santo Agustín no claustro de Santo Spirito.[1]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Chiarelli 1963.
  2. Sánchez Rivero & Mariutti de Sánchez Rivero 1933.
  3. Bonet Correa, Antonio (1984). La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII (en castelán). Madrid: CSIC. p. 36. ISBN 8400026462. 
  4. Pardo de Guevara, Eduardo (2007). "O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución" (PDF). En Barreiro Fernández, Xosé Ramón; Villares, Ramón. Os Símbolos de Galicia (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real Academia Galega. pp. 33–78, en 61. ISBN 978-84-96530-46-1. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas