Antonio Bonet Correa
Antonio Bonet Correa, nado na Coruña o 20 de outubro de 1925[1][2] e finado en Madrid o 22 de maio de 2020[3][4], foi un catedrático e historiador da arte galego, presidente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende decembro de 2008 a 2015 e catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid.
Traxectoria
editarEra fillo do militar e pintor José Bonet Peñalver e da escritora Asunción Correa Calderón.
Formado na Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Filosofía e Letras en 1948. Marchou a París para estudar no Institut d'Historie de l'Art da Universidade de París e diplómase en Museoloxía pola Escola do Louvre. Entre 1951 e 1957 traballou como lector e profesor de Historia da Arte na Universidade de París (Sorbona).[3] Ese mesmo ano de 1957, conseguiu o doutoramento en Historia da Arte pola Universidade Complutense, e recibiu o Premio Nacional Menéndez Pelayo pola súa tese sobre a Arquitectura Barroca do século XVII.[3]
Ten usado o pseudónimo de Andrés de Cernadas.[5]
Traxectoria profesional
editarRegresou a España en 1958, sendo sucesivamente profesor adxunto na Universidade Complutense de Madrid até 1963; en 1964 conseguiu a cátedra de Historia da Arte na Universidade de Murcia onde estivo até 1967. A partir de 1968, ostentou a cátedra de Historia da Arte Hispanoamericana na de Sevilla e, posteriormente, en 1973, a de Historia da Arte Xeral e Historia da Arte Hispanoamericana na Complutense de Madrid.[6]
De 1981 a 1983 foi vicerreitor da Universidade Complutense.[7]
En 1975, foi encarcerado, xunto con outras personalidades da cultura, pola súa pertenza á Junta Democrática,[2] sendo liberado aos poucos días.
Desenvolveu o seu labor tamén como director do Museo de Belas Artes de Sevilla, e foi autor de numerosas obras e artigos científicos e crítica de arte nos diarios El Correo de Andalucía e ABC.
Dende 1986 foi membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, substituíndo en decembro de 2008 na presidencia desta institución a Ramón González de Amezúa.[8] Permaneceu no cargo até 2015, en que foi nomeado director honorario.[3]
Así mesmo, foi investido en xullo de 2013 doutor honoris causa na Universidade de Santiago de Compostela, sendo o padriño o catedrático de Historia da Arte Alfredo Vigo Trasancos.
Ten escritos máis de 40 libros e dirixido máis de 30 teses.
Outros cargos
editarFoi académico da Real Academia de Santa Isabel de Hungría de Sevilla, da de Belas Artes de San Jorge, da Academia Nacional de Belas Artes de Lisboa e da Academia Nacional da Arxentina. Membro do International Council of Museums (ICOM) e do Comité Internacional da Historia da Arte.[9]
Foi membro Correspondiente da Real Academia Galega de Belas Artes dende 1998 e o 26 de xaneiro de 2002 foi nomeado Académico de Honra, cargo do que tomou posesión o 13 de maio de 2005.[10]
Ademais, foi presidente da Asociación de Críticos de Arte de España e da Feira de Arte Contemporánea de Madrid (ARCO).[11]
Vida persoal
editarEn marzo de 1953 casou en París con Monique Planes Durand[12]. Tiveron tres fillos, un dos cales é o poeta e, tamén, historiador da arte Juan Manuel Bonet.[9][13]
Recoñecementos
editar- 2004, Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo.[14]
- 2007, Doutor honoris causa pola Universidade de Estremadura.[15]
- 2010, Medalla de ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid.[16]
- 2012, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2012) concedida polo ministerio de Educación e Cultura.[3][17]
- 2013, Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela[18][19]
- 2014, Doutor honoris causa pola Universidade de Málaga.[20]
- 2016, Premio Fundación Amigos do Museo do Prado.[7][9]
- 2017, Doutor honoris causa pola Universidade de Sevilla.[21]
Notas
editar- ↑ "CURRICULUM ACADÉMICO Y BIBLIOGRAFÍA DEL PROFESOR ANTONIO BONET CORREA". ub.edu (en castelán). Consultado o 30-5-2020.
- ↑ 2,0 2,1 Jiménez, Encarna (23-5-2020). "Muere Antonio Bonet Correa, el sabio cercano". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Redacción (22 de maio de 2020). "Muere a los 94 años el historiador y crítico de arte Antonio Bonet Correa". ABC (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ Estrella de Diego. "Muere Antonio Bonet Correa, el hombre que se inventó la moderna historia del arte en España". El País (en castelán) (Madrid).
La imagen que me viene hoy a la mente de Antonio Bonet Correa (La Coruña 1925-Madrid 2020), una de las más insignes figuras en la conformación de la historia del arte en España si no su inventor
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-03.
- ↑ Redacción (15-12-2008). "Antonio Bonet, nuevo director de la Real Academia de Bellas Artes". elpais.com (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ 7,0 7,1 Redaccións/axencias (22-5-2020). "Muere el historiador Antonio Bonet Correa". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ Redacción (16-12-2008). "Bonet Correa, elegido director de Bellas Artes". elpais.com (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Lorenci, Miguel (23-5-2020). "El historiador del arte Antonio Bonet Correa muere a los 94 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "Antonioo Bonet Correa" (PDF). academiagallegabellasartes.org (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "culturagalega.gal". culturagalega.gal. 25-5-2020. Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "Boda de un profesor gallego en París". La Noche. 27 de marzo de 1953.
- ↑ Pasamar Alzuria (2002): «Bonet Correa-Calderón, Antonio», pp. 135-137
- ↑ Besadío, D. (25-5-2020). "Falece o historiador Antonio Bonet Correa, doutor Honoris Causa da UVigo". uvigo.gal. Consultado o 31-5-2020.
- ↑ Lozano Bartolozzi, María del Mar (25-5-2020). "Antonio Bonet Correa, un entusiasta de Extremadura". hoy.es (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "Medalla de Oro a Antonio Bonet Correa". circulobellasartes.com (en castelán). 16-11-2010. Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "Real Decreto 1745/2012, de 28 de diciembre, por el que se concede la Medalla al Mérito en las Bellas Artes, en su categoría de oro, a las personas y entidades que se relacionan.". boe.es (en castelán). 29-12-2012. Consultado o 31-5-2020.
- ↑ Redacción (14-7-2013). "La USC inviste honoris causa al historiador Antonio Bonet Correa". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
- ↑ "A Universidade de Santiago inviste doutor honoris causa a Antonio Bonet Correa". usc.gal. 12-07-2013. Consultado o 14-6-2020.
- ↑ "D. Antonio Bonet Correa, nuevo doctor honoris causa por la Universidad de Málaga". uma.es (en castelán). 20-2-2014. Consultado o 31-5-2020.
- ↑ M.D.P. (24-5-2017). "Antonio Bonet Correa, investido Doctor Honoris Causa por la Universidad de Sevilla". elmundo.es (en castelán). Consultado o 31-5-2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 125.
- Pasamar Alzuria, Gonzalo (2020). Diccionario Akal de historiadores españoles contemporáneos (1840-1980) (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788446014898.
Ligazóns externas
editar- "Antonio Bonet, nuevo director de la Real Academia de Bellas Artes". El País (en castelán). 15 de decembro de 2008.
- Obras en Cervantes Virtual.