Xaime Garrido

arquitecto e escritor galego (1938-2019)
Revisión feita o 11 de setembro de 2014 ás 10:37 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Biografía |nome = Xaime Garrido Rodríguez |imaxe = |imaxe_tamaño = |descrición = |data_de_nacemento = 7 de xullo de 1938 |...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, é un arquitecto e escritor galego.

Infotaula de personaXaime Garrido Rodríguez
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1938
Bembrive, Vigo
Morte6 de abril de 2019 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1960–)
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArquitecto
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1131459 Dialnet: 2135809

Traxectoria

Estudou na Escola Central de Belas Artes de San Fernando e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo o título en 1966, especializándose en Restauración de Monumentos.

 
Garrido levou a cabo a restauración do casco vello de Baiona.

Investigou a arquitectura histórica de Vigo e a arquitectura militar fronteiriza hispano-portuguesa.

Foi arquitecto municipal de Baiona dende 1968 ata 1973, onde cooperou con Alberto Baltar Tojo, Xosé Bar Boo e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana e levou a cabo a restauración do casco vello.

En Vigo promoveu a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da estación vella de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza (hoxe MARCO).

É membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses.

Obra bibliográfica

Colectiva

  • Vigo, arquitectura modernista 1900-1920, con Lena Saladina Iglesias Rouco et al., COAG, 1980, ISBN 84-85665-03-1.
  • Manuel Gómez Román: Mestre da arquitectura galeguista, con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, Xerais, 1995, ISBN 9788475078755.[1]
  • Vigo. Arquitectura urbana, con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, 2 vol, Concello de Vigo, 2001, ISBN 84-87637-77-9.
  • Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo, con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, 2003.[2]

Recoñecemento

  • Premio á Investigación da Deputación Provincial de Pontevedra, anos 1986 e 1989.
  • Premio Irmáns Gómez Román de Urbanismo e Arquitectura, 2000 e 2002-2003, do Concello de Vigo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas