Carl von Linné (fillo)

botánico sueco

Carl von Linné Fillo ou Carolus Linnaeus Filius, tamén coñecido como Carl von Linné o Mozo, nado en Falun, Condado de Dalarna, Suecia, o 20 de xaneiro de 1741, e finado en Uppsala o 1 de novembro de 1783, foi un naturalista sueco, fillo do famoso sistemático de mesmo nome Carl von Linné ou Carolus Linnaeus (17071778).

Carl von Linné
Nacemento20 de xaneiro de 1741
Lugar de nacementoFalu Kristine church parish
Falecemento1 de novembro de 1783
Lugar de falecementoUppsala Cathedral Assembly
Causadoença do fígado
SoterradoCatedral de Uppsala
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónbotánico, profesor universitario e micólogo
PaiCarl von Linné
NaiSara Elisabeth Moræa
IrmánsElisabeth Christina von Linné, Sara Christina von Linné e Lovisa von Linné
Na rede
WikiTree: Linnæus-6
editar datos en Wikidata ]

Para distinguilo de seu pai, cítase como Linnaeus filius (abreviado en botánica como L. f.).

Traxectoria editar

 
Supplementum Plantarum.

Ingresou na Universidade de Uppsala á idade de nove anos, onde os alumnos do seu pai, entre eles: Pehr Löfling (17291756), Daniel Solander (17331782) e Johann Peter Falck (17321774), lle ensinaron ciencias.

En 1763, aos 22 anos, sucedeu o seu pai na cátedra de medicina práctica en Uppsala. O seu nomeamento como profesor, sen pasar por exames e non defender ningunha tese, valeulle o resentimento dos seus colegas.

A súa obra é modesta, comparada coa do seu pai. A súa obra máis coñecida é Supplementum Plantarum systematis vegetabilium, publicada en 1781, que contén as descricións botánicas de Linné pai e dos seus colegas, aumentada con adicións propias. Distinguiu máis de 2000 especies, subespecies e variedades botánicas.

Herdou de seu pai inmensas coleccións científicas e a correspondencia cos seus colegas.

Cando morreu aos 42 anos, sen fillos, en 1783, dunha ictericia contraída durante unha visita a Londres, a súa nai (Sara Elisabeth Moraea) vendeu as súas coleccións ao botánico inglés Sir James Edward Smith que, seguidamente, as doou á Sociedade Linneana de Londres.

Principais obras editar

Abreviatura editar

A abreviatura L. f. emprégase para recoñecer a Carl von Linné (fillo) como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar