Urraca de Castela

Urraca de Castela, nada en 1186[1] e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.

Infotaula de personaUrraca de Castela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1186 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Reino de Castela Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 1220 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Coímbra Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Alcobaça Editar o valor em Wikidata
Raiña de Portugal
1211 – 1220
← Doce de AragónMécia Lopes de Haro (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Castela
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaiña de Portugal (1211–1220)
Infanta of Castile (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAfonso II de Portugal (1206 (Gregoriano)–1220 (Gregoriano)), morte
FillosSancho II de Portugal, Leonor de Portugal (pt) Traducir, Afonso III de Portugal, Fernando de Portugal, Senhor de Serpa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso VIII de Castela Editar o valor em Wikidata  e Leonor Plantagenet Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenrique I de Castela, Berenguela de Castela, Branca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla (en) Traducir, Sancha de Castilla (en) Traducir, Ferdinand of Castile (en) Traducir, Mafalda de Castilla (en) Traducir e Constanza de Castilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Castilla-65 Find a Grave: 105699152 Editar o valor em Wikidata

Orixes familiares editar

Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.

Traxectoria editar

Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.

Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.

A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.

Voda e descendencia editar

Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos:

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar