Ernesto Campos Camesella

músico e compositor galego

Ernesto Campos Camesella, nado en Vigo, o 11 de xullo de 1966, é un músico e compositor galego considerado de gran relevancia polo seu traballo creativo e novedoso no eido da gaita.

Ernesto Campos Camesella
Nacemento11 de xullo de 1966
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor
Na rede
IMSLP: Category:Campos,_Ernesto Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Comezou na música estudando guitarra e gaita no conservatorio de música da súa cidade, pero é a súa faceta de compositor a que se estendeu a partir de entón a multitude de intérpretes, exemplo notorio da inclusión da música galega na música sinfónica e no virtuosismo instrumental. A gaita acompáñase doutros instrumentos, algo pouco usual ata o momento.

Traxectoria editar

Músico de vocación tardía, descubriu a paixón por ela aos catorce anos. Aos dezaseis ingresa no [Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estuda guitarra con Román González Arquivado 21 de agosto de 2020 en Wayback Machine. e Tomás Camacho e gaita galega con Xaime Estévez. Con este último instrumento formou parte de varias agrupacións de corte folclórico, sendo as máis relevantes Crema de gaita Arquivado 15 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. e o trío Pelica de Can. Dende o ano 2016 é arreglista é compositor na Banda de gaitas Xarabal e dende o 2017 é tamén o arreglista oficial de La Coral y Orquesta Sinfónica Casablanca de Vigo.Arquivado 15 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.

Da man de Xaime Estévez iniciouse na súa faceta como compositor, escribindo a primeira obra recoñecida para gaita e piano, Fantasía Popular que, segundo as súas lembranzas, foi acollida ao comezo con algúns sorrisos entre o público ao iniciar a peza cun solo de gaita, que se acalaron ao entrar o piano e formar o dúo.

A partir dese momento a súa orientación creativa tivo a gaita e a música galega como referente.

Dende 1989 é mestre de Gaita, Guitarra e Análise Musical no Conservatorio Mayeusis, de Vigo.[1] Colabora como relator acerca da música galega con diferentes entidades, entre as que destacan a Agrupación de Gaiteiros Galegos ou a Escola de Música Tradicional de Ourense.

Como compositor foi galardoado con varias distincións como o premio Manuel Quiroga[2], o do festival da Canción do Landro ou o premio Constantino Bellón.[3]

É membro dende 2008 da Academia de las Artes y las Ciencias de la Música

Desenvolveu durante varios anos un traballo co mestre Xosé Luis Represas Carrera, que orquestrou parte da súa obra adaptándoa para gaita e banda de música, o que colaborou moito na súa difusión.

En decembro de 2019 a Coral Casablanca de Vigo estrea oficialmente no LXII Concerto de Nadal que tivo lugar no Teatro A Fundación en Vigo (antigo Teatro García Barbón) a 'Panxoliña voadora[4]' composta por Ernesto Campos. Días máis tarde, a Concatedral Santa María de Vigo e as igrexas de San Francisco, Santiago de Vigo e Fátima protagonizan o inédito concerto de Campás no Camiño[5], promovido pola Xunta de Galicia, con música interpretada pola Banda de Gaitas Xarabal[6] sendo algunhas pezas compostas por Ernesto Campos. Distintos xornais como La Voz de Galicia[7], Atlántico Diario,[8] Faro de Vigo[9] e outros medios de comunicación [10]se fixeron eco desta nova.

Traballo como intérprete e compositor editar

Á marxe de varias colaboracións, fundou o grupo Crema de gaita, co que gravou un disco conxunto, Para brincar no rueiro, e un monográfico, TanGalego.[Ligazón morta]

Formou parte dun dúo de gaita e órgano, acompañando o gaiteiro Suso Vaamonde, co que se daba a coñecer a música relixiosa tradicional galega.

En 2010 protagoniza xunto con Suso Vaamonde varios recitais de gaita e órgano de tubos no marco do programa 'A gaita vai á igrexa' [11] co obxectivo de recuperar espazos de incalculable valor cultural, levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas como a do Cebreiro,[12] as abadías ou as catedrais.

Posteriormente pasou a formar parte do trío Pelica de Can e da Banda de Gaitas Xarabal. En 2006 gaña o premio de Composición para Gaita Galega Solista do concurso Constantino Bellón que organiza anualmente o Ateneo Ferrolá e presenta esta peza titulada "Amencer en Fisterra[13]" na gala do certame celebrada en Ferrol o 29 de agosto de 2006.

No ano 2007, Ernesto Campos compon todas as pezas que se interpretaron no concerto ofrecido pola Banda de Música Municipal [14]de Santiago no Teatro Principal o 4 de febreiro dese ano. Foi a primeira vez na historia da agrupación compostelá que unha gaita galega soaba nun dos seus concertos. Asemade, nese evento, o compositor vigués Ernesto Campos toca en público un serrucho co arco dun violonchelo e logra sacarlle as notas golpeando a lámina de metal, pola zona que non ten dentes.

Nese mesmo ano a súa cantata “Cascarexa” (con base na muiñeira do mesmo nome) estrease na “Biennale de Musiques Hispaniques” en Colomiers (Toulouse) con dous coros, orquestra e banda –simultáneamente- codirixidos por Pierre Téodori e Xosé Luis Represas. A peza Cascarexa foi interpretada tamén en agosto de 2012 en Música no Claustro, III Ciclo de Novos intérpretes con Diego Alonso (gaita en do) Cristian Moa (gaita en do) Miguel González (gaita en do) Xabier Santos (Tamboril)

En 2009 o prestixioso intérprete francés Alain Pennec estrea a súa canción “Camiño de Luz” no 'Grand Théâtre de Lorient', á fronte dun conxunto instrumental franco-galego.

O seu catálogo de composicións abrangue arredor de 200 obras. No ano 2010 compón a primeira primeira obra de "folk sinfónico" en Galicia. "Concerto de Chapela"[15] estreouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 de abril de 2010. Foi a primeira vez na historia da música de Galicia que se xuntan unha banda de música e outra de folk para interpretar unha peza composta para ambas formacións. A nova tamén foi publicada noutros xornais como La Voz de Galicia.[16]

En 2013 compón varias pezas para Gaiteiros do Minho[17], e xorde así a primeira Banda de Gaitas Sinfónica Internacional Transfronteiriza[18]. Esta agrupación conta coa presenza de dez músicos de instrumentos convencionais como o clarinete, o saxo, o piano, o acordeón, o trombón e a tuba

No ano 2014 estrea xunto a Miriam Cortizo no auditorio da Fundación Mayeusis "A Lenda do Cabaleiro das Cunchas"[19]

En 2016 estrease no auditorio da Fundación Mayeusis "Ollos de Lume", a primeira cantata folk escrita en lingua galega. A obra está baseada na tradicional lenda da Coca, moi arraigada no concello pontevedrés de Redondela. A vitoria do pobo redondelán sobre esta criatura mitolóxica conmemórase cada ano en Redondela coa celebración da Festa da Coca. A peza tivo a súa estrea mundial no VII Concerto Solidario de Unicef[20] desenvolvido polo Conservatorio de Música Mayeusis o 30 de maio de 2017 no Teatro A Fundación de Vigo. 'Ollos de lume' foi o primeiro musical que se fixo en estilo folk.[21]

En 2017, Ernesto Campos publicou a primeira misa de Réquiem integra en galego. O compositor vigués realizou esta pieza para conmemorar o primeiro cabodano da morte da sua nai. O réquiem está composto para gaitas, flauta travesera, flauta de pico, clarinete, saxo, fagot, violín, viola, teclado, guitarra, piano e baixo eléctrico. A estrea tivo lugar o 25 de marzo de 2017 na Igrexa de San Paio de Lavadores.

Outras disciplinas editar

Ten impartido cursos de composición para gaita e técnica vocal para pandeireteiras por toda a xeografía galega, destacando o curso de composición para gaita (de dous anos de duración, entre 2001 e 2003) na Escola de Música Tradicional de Ourense.

A súa faceta como compositor está vinculada indiscutiblemente ó mundo da música galega, e máis concretamente, á gaita. Na actualidade ten un catálogo de creacións que supera as duascentas obras e boa parte da súa música foi gravada por artistas de relevancia no ámbito musical galego.

Na primavera de 2002, a Orquestra Sinfónica Libertador San Martín, baixo a dirección do mestre Abel Ghelman[Ligazón morta] estreou en Buenos Aires a súa obra para gaita galega e a Orquestra “Alba de Ultramar”, sendo a solista gaiteira Analía Espinosa.

En febreiro de 2003, a Agrupación Instrumental Harmonía, baixo a dirección de Xosé L. Represas puxo en escena a cantata “Cascarexa” para solistas, coro e orquestra na vila de Toulouse (Francia), dentro do Festival de Músicas Hispánicas.

O seu poema sinfónico “Marea Branca” (homenaxe ós traballadores que loitaron contra a marea negra provocada polo afundimento do Prestige) recibiu, en outono de 2003, o Premio Manuel Quiroga á mellor obra composta para banda de música.

Estreou o ballet María Soliña en xuño de 2001, ademais doutro en colaboración con José Luis Represas, director da agrupación instrumental Harmonía de Boqueixón, realizando unha experiencia pioneira no eido das bandas de música: obras en estilo “concertante” para gaita solista e banda, cuxa partitura será tamén editada proximamente.

Complétase a súa faceta artística coa paixón polo debuxo e a acuarela. Combina todo o seu mundo creativo no campo da música con pequenos debuxos do seu día a día.

Discografía editar

Álbum Obra (s) Editorial e data Participa como Intérprete (s)
Instrumentos musicais populares galegos "Fantasía popular" Sonifolk, 1986. Reed por Ed. Canela 2016 Autor Carlos Núñez
Santiago Cribeiro
Amandi "Baixo un manto de luz infinda" Sonifolk, 1994 Coautor Trisquel
Chouteira "A Cascarexa, Valseadiño" Boa Music, 1995 Autor Chouteira
Para brincar no rueiro "Rumba para Susi"
"Muiñeira da Cascarexa"
"O fillo da Teresa"
"Balada de Sabino"
Edicións do Cumio, 1996 Autor e intérprete Crema de gaita
Mestres da gaita "Un día en Compostela" Clave Records, 1997 Autor Xosé Manuel Budiño
Identidade "Muiñeira da Cascarexa" Discmedi, 2002 Autor Banda de gaitas «Airiños de Fene»
Alma de Buxo "Rumba para Susi" Boa Music, 2001 Autor Susana Seivane
De pano sedán "Rumba para Susi"
"Pola ponte pasou un ghaiteiro"
Edicións do Cumio, 2003 Autor Xosé Luis Miguélez
Estremonías "Polca para Pucho" Zouma Records 1994 Autor Quempallou
Ultravioleta "Un día en Compostela" sen datos Autor Zuncurrundullo
Dúo de fuego "Rumba para Susi" Open Folk, 2004 Autor Germán Díaz
Pascal Lefèvre
O son da ribeira sacra "Noites de lúa na praia" Phonos Autor Banda de música de Sober
Sempervirente "Foliada da Ínsua Lembranzas do que voltou" sen datos Autor Anacos de Buxo
Divertimento folk "Rumba para Susi" Folka Records, 2006 Autor Divertimento folk
Unión das terras "Prieguiceira" Phonos 2006 Autor Daniel Bellón
Diego Maceiras
TanGalego "Mensaxeira do inferno"
"Lembranzas do que voltou"
"Noites de lúa na praia"
"Rumba para Susi"
"Carafuxa"
"Café con ghotas"
"TanGalego"
"O fillo da Teresa"
"Crema de Whisky"
"Muiñeira da Cascarexa"
Ouvirmos, 2007 Autor e intérprete Crema de gaita
Manxadoira "Muiñeira da Cascarexa" Edicións do Cumio, 2006 Autor Banda de gaitas Manxadoira
Esperanza "Luces do Atlántico"
"Ghota da Mosca"
DosAcordes, 2007 Autor Xosé Luis Miguélez
Milenio Celta "Muiñeira da Cascarexa" Sons Galiza (data descoñecida) Autor Chouteira
Folk ó forno "Crema de Whisky" Fundación Paideia, 2007 Autor Conxunto folk Conservatorio de Música de Vigo
(título descoñecido) "Noites de lúa na praia" Fundación Paideia 2007 Autor Banda de música “Sementeira” de Cambre
Forzas especiais "Muiñeira da Cascarexa" Class Music, 2008 Autor Toxos e Xestas
V concurso de gaiteiros Manuel Villanueva "Amencer en Fisterra"

"Acuarela de Combarro"

Edicións do Cumio, 2009 Autor Sen datos
Ultravioleta II "Crema de Whisky" Arco Iris, 2011 Autor Banda de gaitas Zuncurrundullo
Crasstañazo "Crasstañazo"
"Carliña"
sen datos, 2012 Autor e intérprete The Crass
Pedra Moura "As artes da Pedra Moura"
"Foliada da Ínsua"
"Foliada con retranca"
Ed. do Cumio, 2012 Autor Banda de gaitas Manxadoira
Bandas de música e gaitas da provincia de Ourense "Lembranzas do que voltou" Inquedanzas sonoras, 2013 Autor Banda de gaitas do concello de Verín
Agrupación musical de Belesar "Noites de lúa na praia" Phonos Autor Sen datos

Notas editar

  1. "Actividade docente. Ernesto Campos Guitarra y Gaita". Vigo.mayeusis.com. Consultado o 16/02/2020. 
  2. "La Agrupación Musical Atlántida de Matamá, (en el mismo apartado que la anterior), consiguió el tercer puesto y el premio Manuel Quiroga, que concede la Diputación a la interpretación de una obra inédita, y está dotado con 1.800 euros. La pieza premiada fue Marea branca , del maestro Ernesto Campos". 06/10/2003. Consultado o 15/02/2020. 
  3. "Ernesto Campos gana el premio de Composición para Gaita Galega del Constantino Bellón". 22/08/2006. Consultado o 15/02/2020. 
  4. "El Concerto de Nadal de la Fundación Coral Casablanca fue elegido para el estreno del villancico “Panxoliña Voadora”, compuesta por el vigués Ernesto Campos". 22/12/2019. Consultado o 16/02/2020. 
  5. "Inédito Concierto de Campanas con la participación de gaitas en la Concatedral de Vigo de la mano del Nadal Solidario de la Xunta de Galicia". 28/12/2019. Arquivado dende o orixinal o 15/02/2020. Consultado o 16/02/2020. 
  6. "Historia da Banda de Gaitas Xarabal". Xarabal.org. 
  7. "Las campanas de 4 iglesias se alían para ofrecer un concierto". 28/12/2019. Consultado o 15/02/2020. 
  8. "Campanas y gaitas frente a los villancicos de megafonía". 29/12/2019. Consultado o 15/02/2020. 
  9. ""Campás no Camiño", un concierto entre campanas en el atrio de la Colegiata". 24/12/2019. Consultado o 15/02/2020. 
  10. "Gaitas y campanas se unen en la Navidad Viguesa (Cadena SER)". 23/12/2019. Consultado o 15/02/2020. 
  11. "«A gaita vai á igrexa» abre o ciclo «Músicas a carón da Mosqueira»". 18/01/2010. Consultado o 15/02/2020. 
  12. "El sonido de la gaita se adentra en la iglesia de O Cebreiro". 20/08/2020. Consultado o 15/02/2020. 
  13. "Ernesto Campos presenta hoy en Ferrol la obra para gaita ganadora del premio Bellón". 29/08/2006. Consultado o 16/02/2020. 
  14. "Gaitas y un serrucho para la Banda de Santiago". 04/02/2007. Arquivado dende o orixinal o 22/03/2020. Consultado o 16/02/2020. 
  15. "El músico vigués Ernesto Campos estrena la primera obra de "folk sinfónico" en Galicia (Faro de Vigo)". 29/04/2010. Consultado o 15/02/2020. 
  16. "«As bandas de música e o folk vivían de costas» O compositor vigués estreou esta semana o «Concerto de Chapela»". 01/05/2010. Consultado o 15/02/2020. 
  17. "Nace la primera banda de gaitas sinfónica internacional El vigués Ernesto Campos es el compositor del grupo internacional Gaiteiros do Minho". 02/01/2015. Consultado o 15/02/2020. 
  18. "Una sinfónica transfronteriza". 23/03/2013. Consultado o 15/02/2020. 
  19. "Mayeusis crea una obra sobre el “Cabaleiro das Cunchas”". 20/03/2014. Consultado o 15/02/2020. 
  20. Atlántico (2016-04-29). "Ensayos de “Ollos de lume”, una cantata folk". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-02-15. 
  21. "«É a primeira vez que se vai facer un musical de estilo folk» O conservatorio Mayeusis organiza un espectáculo a beneficio de Unicef que leva por título «Ollos de lume»". 30/05/2017. Consultado o 15/02/2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar