Crema de gaita é un grupo galego de música folk orixinario de Vigo, fundado no 1994. As súas composicións orixinais móvense no ámbito do folk galego, con influencia dos ritmos latinos coma o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro do grupo e autor de temas gravados por outros músicos como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.

Crema de gaita
OrixeVigo Galicia,
Período1994 - actualidade
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)VIR, Ouvirmos
MembrosDiego Mariño
Marcos Campos
Xose M. López "Josele"
Cris Macías
Ernesto Campos
Judith Alonso
Xosé C. Villar "Bouza"
Suso "Feixón" Alonso
Na rede
www.cremadegaita.com

O seu primeiro traballo TanGalego está composto por 15 temas e conta con colaboracións dos músicos Kin García, Marcos Valcárcel, Ioanna Pérez, ou a banda de gaitas Xarabal.

Membros editar

* Diego Mariño Gaitas, frautas
* Marcos Campos Gaitas, frautas
* Xose M. López "Josele" Clarinete, saxo, gaita
* Cris Macías Voz, teclados
* Ernesto Campos Guitarra, serrucho musical
* Judith Alonso Baixo eléctrico
* Xosé C. Villar "Bouza" Percusións latinas e tradicionais
* Suso "Feixón" Alonso Batería, percusións

Discografía editar

Álbums editar

* TanGalego (2007)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar