Equipos de fútbol campións do mundo

Competicións válidas pola FIFA.

Competicións oficiais editar

 
Juan Carlos Cárdenas co Copa Intercontinental 1967.
  • A Copa Intercontinental de Fútbol ou Copa Europea-Suramericana é un extinto torneo de clubs de fútbol masculino que enfrentaba ano a ano aó campión de Europa (Liga de Campións) co campión da Suramérica (Copa Libertadores). O gañador de cada enfrontamento coroabase como Campión do Mundo (sendo os continentes moi máis desenvolvidos no mundo do fútbol naqueles anos) por ser a instancia máis alta á que podía chegar un club de fútbol oficialmente. Desde 1960 ata 1979 enfrontábanse nos países dos respectivos campións continentais e entre 1980 e 2004 disputouse nos meses de novembro ou decembro nas cidades xaponesas de Tokio (de 1980 a 2001) e Yokohama (de 2002 a 2004). Tamén é coñecida como Copa Toyota, en alusión ó patrocinador do trofeo. En 2005 foi substituída pola Copa Mundial de Clubs, que se celebra anualmente no Xapón, engadíndolle un campión por continente (que antes non participaban) e desde a edición 2007 ó campión do país organizador, completándose cun total de sete clubs aspirantes a se proclamar campións a nivel mundial. Todos os equipo en 2017 foron nomeados oficialmente campións do mundo FIFA.[1][2]
  • A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo que dá o título mundial.[3][4][5]

Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.

O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.[6]

Gañadores editar

 
Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Equipos Federación Gañadores Copa Intercontinental Copa Mundial de Clubs
Real Madrid   España 7 3 (1960, 1998, 2002) 4 (2014, 2016, 2017, 2018)
AC Milan   Italia 4 3 (1969, 1989, 1990) 1 (2007)
Bayern München   Alemaña 4 2 (1976, 2001) 2 (2013, 2020)
Peñarol   Uruguai 3 3 (1961, 1966, 1982)
Club Nacional de Football   Uruguai 3 3 (1971, 1980, 1988)
Boca Juniors   Arxentina 3 3 (1977, 2000, 2003)
São Paulo FC   Brasil 3 2 (1992, 1993) 1 (2005)
Football Club Internazionale Milano   Italia 3 2 (1964, 1965) 1 (2010)
FC Barcelona   España 3 3 (2009, 2011, 2015)
Santos Futebol Clube   Brasil 2 2 (1962, 1963)
CA Independiente   Arxentina 2 2 (1973, 1984)
AFC Ajax   Países Baixos 2 2 (1972, 1995)
Juventus FC   Italia 2 2 (1985, 1996)
FC Porto   Portugal 2 2 (1987, 2004)
Manchester United   Inglaterra 2 1 (1999) 1 (2008)
Sport Club Corinthians Paulista   Brasil 2 2 (2000, 2012)
Racing Club   Arxentina 1 1 (1967)
Estudiantes de La Plata   Arxentina 1 1 (1968)
Feyenoord   Países Baixos 1 1 (1970)
Atlético de Madrid   España 1 1 (1974)
Club Olimpia   Paraguai 1 1 (1979)
Clube de Regatas do Flamengo   Brasil 1 1 (1981)
Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense   Brasil 1 1 (1983)
Club Atlético River Plate   Arxentina 1 1 (1986)
Fudbalski Klub Crvena Zvezda   Iugoslavia 1 1 (1991)
Vélez Sarsfield   Arxentina 1 1 (1994)
Borussia Dortmund   Alemaña 1 1 (1997)
Sport Club Internacional   Brasil 1 1 (2006)
Liverpool   Inglaterra 1 (2019)

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. FIFA Council approves key organisational elements of the FIFA World Cup Arquivado 27 de outubro de 2017 en Wayback Machine. - Recognition of all European and South American teams that won the Intercontinental Cup – played between 1960 and 2004 – as club world champions./ www.fifa.com
  2. "FIFA Club World Cup 2017 - History" (PDF). FIFA Report 2017, pages 15, 40, 41, 42 (Zúric: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. "FIFA Club World Championship TOYOTA Cup 2005" (PDF). FIFA Report 2005 (Zúric: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 5, 19. December 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Report 2017 (Zúric: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 15, 40, 41, 42. December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Regulation CWC 2017 Páxina 37 (Zúric: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. "FIFA Club World Cup 2017 - History" (PDF). FIFA Report 2017, pages 15, 40, 41, 42 (Zúric: Fédération Internationale de Football Association). December 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.