Enver Hoxha

político albanés

Enver Halil Hoxha (ɛnˈvɛɾ ˈhɔdʒa Sq-Enver Hoxha.ogg (Escuchar) ), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955.

Infotaula de personaEnver Hoxha

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sq) Enver Halil Hoxha Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Gjirokastër, Albania Editar o valor em Wikidata
Morte11 de abril de 1985 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Tirana, Albania Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFibrilación ventricular Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Albania
23 de outubro de 1944 – 19 de xullo de 1954
Ministro de Defensa
23 de outubro de 1944 – 31 de xullo de 1953
Presidente
8 de novembro de 1941 – 11 de abril de 1985
← Ramiz Alia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaHoxhaismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Moscow State Linguistic University (en) Traducir
Universidade Libre de Bruxelas
Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Traducir
Instituto Marx-Engels-Lenin (pt) Traducir
Universidade Libre de Bruxelas
Universidade de Montpellier
Albanian National Lyceum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés
Partido Comunista da Bélgica (pt) Traducir
Partido do Traballo de Albania Editar o valor em Wikidata
MovementoAteísmo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua albanesa, lingua inglesa, lingua italiana, lingua rusa, lingua serbia e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Editar o valor em Wikidata
Rango militarGeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército Popular Albanês (pt) Traducir, Fronte de Liberación Nacional de Albania e Forças Armadas da Albânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial e guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNexhmije Hoxha
FillosIlir Hoxha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hoxha-2 Find a Grave: 7719503 Editar o valor em Wikidata

Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier. Aínda que de novo xa mostraba interese pola política, a súa experiencia en Francia foi a que o levou a militar en organizacións comunistas. En 1941, durante a segunda guerra mundial, foi un dos fundadores do Partido Comunista de Albania e combateu cos partisanos albaneses que liberaron o país en 1944, primeiro dos invasores italianos e despois do exército alemán. A través do Consello Antifascista de Liberación Nacional, presidido por el, o novo goberno derrogou o réxime monárquico de Zog I para establecer a República Popular de Albania.

Os 41 anos de mandato ininterrompido de Hoxha divídense en dúas etapas: a primeira (1944-1976) caracterizada por alianzas temporais con potencias socialistas —Iugoslavia, a Unión Soviética e a República Popular da China—, e unha segunda (1976-1985) marcada polo isolacionismo, o antirrevisionismo e o seguimento ortodoxo do marxismo-leninismo. Do seu goberno destacouse a defensa do stalinismo, a eliminación de todo tipo de oposición a través de métodos que incluían a pena de morte[1][2] a transformación do país cara a unha economía industrializada e autoabastecida, o ateísmo de Estado o establecemento dunha policía secreta para a represión política da poboación (Sigurimi) e, nos seus últimos anos, o illamento internacional en que quedou sumida Albania.

Logo da súa ruptura coa URSS, varias organizacións internacionais declaráronse hoxhaístas. A máis importante foi a Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas.

Notas editar

  1. "Varja e Havzi Nelës, PD zbardh vendimin dhe firmën e Kristaq Ramës - Arkiva Shqiptare e Lajmeve". www.arkivalajmeve.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  2. "Poeti disident Havzi Nela...". Klosi News. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar