Ramiz Alia

político albanés

Ramiz Alia, nado en Shkodër o 18 de outubro de 1925 e finado en Tirana o 7 de outubro de 2011, foi un político albanés, presidente do país entre 1985 e 1992. Alto dirixente do Partido do Traballo de Albania, chegou a ser membro do seu Politburó e secretario do Comité Central. En 1985 foi escolleito Presidente da Asemblea do Pobo (Parlamento) e polo tanto, Xefe do Estado.

Modelo:BiografíaRamiz Alia

(1985) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Shkodër, Albania Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 2011 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Tirana, Albania Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza pulmonar Editar o valor en Wikidata
Presidente de Albania
30 de abril de 1991 – 9 de abril de 1992
← Haxhi LleshiSali Berisha →
First Secretary of the Party of Labor of Albania (en) Traducir Partido do Traballo de Albania
13 de abril de 1985 – 4 de maio de 1991
← Enver HoxhaSupresión do cargo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido do Traballo de Albania
Partido Socialista de Albania Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Comandante de (OBSOLETO)Exército Popular Albanês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1058107 WikiTree: Alia-1

Ao falecer Enver Hoxha en 1985, sucedeuno como secretario xeral do PTA, polo que se converteu no máximo dirixente de Albania. A pesar de afirmar no funeral de Hoxha que Albania será sempre forte, sempre vermella, como ti a deseaches, camarada Enver, levou a cabo unha serie de reformas que culminaron coa privatización da economía e a convocatoria de eleccións multipartidistas en 1991.

Tralo triunfo do Partido Socialista de Albania (refundación do antigo Partido do Traballo de Albania) foi escolleito Presidente da República, pero dimitiu en 1992 tras unha folga xeral. Ese mesmo ano foi detido e acusado de xenocidio e crimes contra a humanidade, permanecendo no cárcere até 1997.