Gjirokastër (pronunciase [ɟɪɾokaˈstəɾ] en albanés) ou Gjirokastra (en grego, Αργυρόκαστρο, Argirókastro ; en italiano, Argirocastro; en turco, Ergiri ou Argiri ou Ergeri) é unha cidade de Albania. É a principal cidade do sur do país, e a capital da comarca e distrito homónimos. A importancia de Gjirokastër reside no feito de que é o berce dalgúns dos albaneses máis famosos, como o político Enver Hoxha ou o escritor Ismail Kadare.

Modelo:Xeografía políticaGjirokastër
Imaxe

Localización
Mapa
 40°04′33″N 20°08′20″L / 40.07583, 20.13889
EstadoAlbania
CondadoCondado de Gjirokastër Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación19.836 (2011) Editar o valor en Wikidata (33.620,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie59 ha Editar o valor en Wikidata
Altitude193 m-286 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6001–6003 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico084 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgjirokastra.org Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar

A súa poboación eran duns 12.000 habitantes en 1960. Case se triplicou até aproximadamente 34.000 habitantes (2003), e rebaixouse aos 24.000 habitantes segundo estimación de 2008.[1]

Xeografía

editar

Está ao pé do Mali Gjerë, no val do Drin, afluente do Vijosë (Voytsa). Está dominado polo castelo medieval, probablemente veneciano. A cidade é considerada o centro da comunidade grega en Albania.

Urbanismo

editar

Por outra banda, o casco vello da cidade foi declarado museo da cidade durante o réxime comunista. En 2005, a UNESCO declarou a cidade museo de Gjirokastër Patrimonio da Humanidade,[2] como un raro exemplo dunha vila otomá ben conservada construída polos propietarios. A localidade de Berat tamén forman parte dela como parte dos centros históricos de Berat e Gjirokastër.[2]

Historia

editar

A cidade estaba preto da antiga Adrianópolis e toma o seu nome probablemente dunha tribo iliria.

Idade Media

editar

Era unha posesión bizantina e levaba o nome de Argyropolis ("Cidade de Prata", grego Αργυρόπολις) ou Argyrokastron ("Castelo de Prata", grego: Αργυρόκαστρον). En 1205, converteuse no déspota de Epiro.

Centros históricos de Berat e Gjirokastër
 
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAlbania
LocalizaciónComarca e distriro de Gjirokastër
Criterios(iii)(iv)
Inscrición2005
Identificador{{{ID}}}

Pasou aos otománs (1417) baixo Baiazet I (Argiri-kasri) e foi a capital do sandjak de Arvanya; menciónase como feudo da familia Zenebissi (Zenebish); en 1506, xa pertencía ao sandjak de Avlonya.

Idade contemporánea

editar

Século XIX

editar

En 1811, estivo durante un tempo en mans de Ali Tepelen. No século XIX, volveu ser a capital de sandjak co seu nome turco de Ergiri, dependente da wilayat de Ioannina e foi un centro de oposición ao dominio otomán. En 1880, acolleu a asemblea (nacionalista) de Gjirokastër.

Século XX

editar

Na guerra dos Balcáns (1912-1913), Grecia reclamou a cidade cando os otománs se retiraron, pero foi concedida a Albania polo Tratado de Londres (1913) e o Protocolo de Florencia do 17 de decembro de 1913.

En marzo de 1914, os gregos declararon a cidade estado autónomo de Epiro, que foi recoñecido polo protocolo de Corfú, pero finalmente, no contexto da Primeira guerra mundial, os gregos ocuparon a cidade (outono de 1914 ) e Korçë, e en abril de 1916 o sur do territorio autónomo foi anexionado a Grecia, até que a conferencia de paz de París o devolveu a Albania segundo o establecido en 1913.

En abril de 1939 foi ocupada polos italianos; un intento por parte de Grecia de ocupar a cidade foi de curta duración; en setembro de 1943 pasou baixo control alemán tras a capitulación de Italia; en 1944 entraron os guerrilleiros comunistas. Baixo o réxime comunista converteuse nun centro industrial.

Século XXI

editar

En 2005 a cidade-museo, xunto á vila de Butrint e o casco histórico de Berat foron declarados Patrimonio da Humanidade.[2]

  1. "About Gjirokastra". www.gjirokastra.org. Consultado o 2022-08-12. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Centre, UNESCO World Heritage. "Historic Centres of Berat and Gjirokastra". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar