República Autónoma do Epiro do Norte

república desaparecida de Europa

A República Autónoma do Epiro do Norte (en grego: Αὐτόνομος Δημοκρατία τῆς Βορείου Ἠπείρου; Aftónomos Dimokratía tis Voreíou Ipeírou) foi unha entidade política autogobernada de curta duración. Foi fundada a raíz das guerras dos Balcáns o 28 de febreiro de 1914 polos gregos que vivían no sur de Albania.

República Autónoma do Epiro do Norte
Αὐτόνομος Δημοκρατία τῆς Βορείου Ἠπείρου (grego)

1914
Bandeira
Escudo
Bandeira Escudo
Himno: Imnos is tin Eleftherian
Localización de Epiro do Norte
República Autónoma do Epiro do Norte
Capital Argyrokastron
Lingua Grego (oficial)
Albanés (segunda lingua)[1]
Relixión Igrexa ortodoxa
Goberno República
Presidente
 • 1914 Georgios Christakis-Zografos
Historia
 • Establecido 1914
 • Disolución 1914

A área, coñecida como Epiro do Norte (en grego: Βόρειος Ήπειρος) polos gregos e cunha substancial poboación grega, foi conquistada polo exército grego ao Imperio Otomán durante a primeira guerra balcánica (1912–1913). Porén, o Protocolo de Florencia asigou ese territorio ao estado albanés acabado de crear. Esta decisión foi rexeitada polos gregos locais, e cando o exército grego se retirou á nova fronteira, estabeleceuse un goberno autónomo en Argyrokastron (en grego: Αργυρόκαστρον, hoxe Gjirokastër), baixo o liderado de Georgios Christakis-Zografos, un distinguido grego local e exministro de Relacións Exteriores, e co apoio tácito de Grecia.[2]

En maio, as grandes potencias confirmaron a autonomía co Protocolo de Corfú. O acordo aseguraba que a rexión tería a súa propia administración, recoñecía os dereitos da poboación local e prevía o autogoberno baixo a soberanía nominal albanesa. Porén, nunca se implementou porque en agosto o goberno albanés colapsou. O exército grego volveu ocupar a área en outubro de 1914 despois de estoupar a primeira guerra mundial. Planeouse que o Epiro do Norte sería cedido a Grecia despois da guerra, mais a retirada do apoio italiano e a derrota de Grecia na Campaña de Asia Menor deron como resultado a cesión a Albania en novembro de 1921.[3]

Notas Editar

  1. Uso limitado na educación, igual na xustiza e administración pública (baixo os termos do Protocolo de Corfú)
  2. Boeckh 1996: 114
  3. Miller 1966: 543–44

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar